“A da Guarda é unha sociedade dinámica a todos os niveis, social, cultural, deportivo e económico”

Antonio Lomba | Alcalde da Guarda

É base de futuro?
Se falamos de política, deixo unhas pinceladas do traballo que estamos facendo no concello da Guarda co impulso dun equipo de Goberno do que me sinto moi orgulloso pola súa valía e capacidade que da a estabilidade e tranquilidade que un concello necesita.

Hay pesimismo de campaña?
Non estou de acordo coa expresión “A Guarda está paralizada”. A da Guarda é unha sociedade dinámica a todos os niveis, social, cultural, deportivo e por suposto económico, como corresponde a unha histórica cabeceira de comarca.

Novos proxectos?
Neste momento estamos xestionando 1.359.954,46 € gracias ao plan concellos da Deputación de Pontevedra, entre outros proxectos para: Urbanización da 1ª fase da rúa Coruña, apertura da rúa Baixo Muro-Ireira, creación do Camiño Escolar do colexio Sinde, iluminación ornamental dos edificios municipais da praza do reló, reforma estética interior da Praza de Abastos, rehabilitación dos patios do Vello Sinde, pavimentación de camiños no rural, etc.

“Neste momento estamos xestionando 1.359.954,46 € gracias ao plan concellos da Deputación de Pontevedra”

Traballos presentes?
Acabamos de empezar as obras e reforma e ampliación do Pavillón da Sangriña cun investimento de 1.870.667,53 €; tamén se está executando a 3ª fase da urbanización da rúa da Cal co empedrado do entorno da fonte; a humanización do entorno da Igrexa; a 3ª planta da Casa dos Alonsos (novo concello) e en breve empezará a humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde.

Proxectos de nova execución?
Fai uns días cumpría un compromiso recentemente adquirido e dáballe a aprobación inicial ao “Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións A Sangriña” que permitirá, unha vez se aprobe definitivamente, ter terreos para dotacións deportivas, como por exemplo un novo pavillón.

Tamén levamos ao próximo pleno a aprobación inicial da Modificación Puntual número 7 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que permitirá cualificar como dotacional a “finca de Fínola”. Unha vez aprobada esta modificación poderase facer na finca unha infraestrutura municipal, cousa que de momento non se pode. O noso proxecto é construír alí un auditorio, un aparcadoiro subterráneo e unir a alameda coa finca para ter unha gran zona de espallamento.

Novas de futuro?
Estamos redactando ou acaban de entregarnos varios proxectos moi interesantes para A Guarda:
·       Proxecto de mellora dos accesos e posta en valor do Castelo de Santa Cruz, actuación para a que xa contamos cunha subvención de 240.000 €
·       Proxecto de de mellora da seguridade e accesibilidade no entorno do CEIP As Solanas.
·       Proxecto de Humanización da rúa Joaquín Alonso (Praza Nova)
·       Proxecto da senda de unión entre A Guarda e o Rosal.

Contan con Fondos Europeos?
Para os fondos de recuperación Europeos Next Generation acabamos de presentar o proxecto de reforma e ampliación do Pavillón da Sangriña, para recuperar parte do investido polo concello. Acabamos de presentar tamén o Plan de Turismo Sostible en Destino para A Guarda e estamos tramitando a presentación do proxecto de mellora enerxética e reforma da Piscina Municipal.

A través de Costas do Estado tamén estamos xestionando unha subvención para os fondos Next Generation para a rexeneración medioambiental do estacionamento da Armona.

“Estamos traballando no plan REHABITA, un plan de rehabilitación de vivendas”

Obras de nova execución?
Este  mesmo ano executaremos as obras para unha nova biblioteca na sala de exposicións do Centro Cultural cun orzamento de 85.641,35 € financiada con fondos propios.
Estamos traballando no plan REHABITA, un plan de rehabilitación de vivendas que ten como obxectivo a colaboración público privada para aproveitar as liñas subvencións que permitan modernizar o parque de vivendas da localidade, que dinamicen a oferta de alugueiro en beneficio dos propietarios e dos demandantes e que actúen como motor económico no sector da construción e rehabilitación de vivendas.

Plans de enerxías renovables?
Estamos traballando no fomento do uso das enerxías renovables, tanto para o ámbito privado como municipal. O noso obxectivo é constituír comunidades enerxéticas ou instalacións de autoconsumo para ceder a enerxía sobrante a particulares e abaratar a factura da luz.

Obradoiros aprobados?
Temos un obradoiro de emprego con un módulo de Axuda no Fogar e outro de Turismo que se atopan na actualidade na fase de prácticas.

En relación ao edificio do obradoiro de emprego, cando remate a formación que se está a impartir, acometeremos unha reforma para instalar un ascensor e darlle accesibilidade e cambiaremos a carpintería para mellorar a eficiencia enerxética do edificio.

Novos Plans?
Estamos actualizando o PACES (Plan de Acción Polo Clima e a Enerxía Sostibles). Toca facelo despois de dous anos da súa posta en marcha no 2020.

Estamos redactando o Plan de Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Guarda.

Estamos en plena negociación do convenio colectivo e táboa salarial cos traballadores municipais e sindicatos.

Acordos cos nosos veciños portugueses?
Levamos meses traballando na promoción do Camiño Portugués da Costa para que se produza a recuperación que estamos vendo, con centos de peregrinos cada día polas rúas a pesar de que Portos de Galicia deixou abandonado o peirao do ferri impedindo o funcionamento do barco. E tendo en conta que a propia Xunta apoia un itinerarios non oficiais co mesmo nome co noso.

“Levamos meses traballando na promoción do Camiño Portugués da Costa para que se produza a recuperación que estamos vendo”

Xunto coa cámara de Caminha e a Deputación de Pontevedra estamos facendo un estudo de mobilidade entre A Guarda e Caminha para determinar como pode ser a comunicación do futuro entre as dúas vilas.

Medalla para As Redeiras Atalaia?
Estamos traballando xunto coas nosas atadeiras da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia para propoñelas á candidatura da Medalla Emilia Pardo Bazán, pola súa labor en prol do recoñecemento dos dereitos ao seu sector e ás mulleres do mar en xeral.

Banderas azuis para o Muiño e Aréa Grande?
Para este ano xa temos dúas bandeiras azuis para as praias do Muíño e da Area Grande, e un recoñecemento do sendeiro azul para a senda que une as dúas praias.

A Guarda activa?
Ademáis de todo o mencionado estamos organizando actividades turísticas, culturais, deportivas, medioambientais, concertos, festas, etc. Non hai máis que coller a axenda de actividades de calquera semana para comprobalo. Xa temos completa a programación de actividades para os meses de xullo e agosto. A Guarda non está paralizada porque a actividade de xestión política do equipo de goberno e dos traballadores municipais é intensa e sobre todo porque a actividade das persoas, asociacións, organizacións e clubs desta Vila é aínda máis intensa.

“A Guarda non está paralizada a pesar de que o PP e a Xunta de Galicia esfórzanse por conseguilo”

A Guarda paralizada?
O que está paralizado na Guarda a pesar de que unha e outra vez berramos ben alto que temos os mesmos dereitos que o resto dos galegos, os doutras vilas e os das cidades. Son cousas como estas:

A Xunta ten paralizada a Autovía a Tui unha infraestrutura fundamental para o noso futuro.

A Xunta ten paralizado a reparación do peirao do ferri. Agora non podemos ter ferri

A Xunta non manda os médicos que necesitamos para o Centro de Saúde nin para Urxencias. Calquera día temos unha desgracia.

A Xunta ten paralizada a senda de circunvalación ao Monte Trega. Para cando pensan facela?

En resumo, A Guarda non está paralizada a pesar de que o PP e a Xunta de Galicia esfórzanse por conseguilo. E mentras tanto o PP da Guarda, con Roberto Carrero a fronte, en vez de falar de cousas importantes, non fai nada.

Entrevista de Juan Louzán.