A crise da “nova normalidade”.

É común observar nos mass media a narrativa de que estamos entrando na “nova normalidade” post-pandemia. Mentres levántanse as restricións e a vacinación masiva entra nunha nova fase, ingresamos agora na difícil realidade económica.

Esta “nova realidade” da síntomas de atasco na economía mundial, cos riscos da escaseza de insumos, elevada inflación, encarecemento da enerxía, precariedade laboral e postos de traballo sen cubrir en medio de despidos masivos a nivel mundial.

Como ocorrera coa pandemia en 2020, o mundo volve a mirar a China, a segunda potencia económica mundial tras EEUU. O peche de fábricas no xigante asiático, durante décadas considerado como “a fábrica do mundo”, corre paralelo a un proceso de reforma estrutural política e económica impulsado polo seu líder Xi Jinping, que advirte cambios significativos na actitude chinesa de cara á globalización.

“Como ocorrera coa pandemia en 2020, o mundo volve a mirar a China, a segunda potencia económica mundial tras EEUU”

En EEUU, entre abril e agosto, 20 millóns de persoas perderon o seu emprego, toda vez hai once millóns de postos de traballo sen cubrir. E todo isto nun país con máis de dez millóns de inmigrantes ilegais.

Se a pandemia e incluso as repentinas “caídas” no subministro de servizos por parte de multinacionais como Facebook nos ensinaron que tan “globalizados” estamos, China nos está advertindo algo que xa vimos con Trump e que levemente continúa con Biden na Casa Branca: a necesidade de aplicar o proteccionismo económico, menos consumo e fomento do aforro, cuxos ecos trascenderán de cara á economía mundial.

Observamos nas noticias como a escaseza e encarecemento da enerxía (o petróleo Brent sube e cotiza aos US$ 86) e a falta de insumos está provocando colas e nerviosismos nos mercados occidentais. Isto é mais visible nestes momentos en Gran Bretaña, aínda que tamén motivado polo Brexit. Os stocks apuntan a mínimos, aínda que con capacidade de aguantar a curto prazo. Pero a caída do consumo a nivel global pode ser significativa nas próximas semanas, e máis cando se acercan datas emblemáticas para o consumismo desmesurado como son o Black Friday e Nadal.

Isto terá máis incidencia en contextos como o europeo, economicamente menos competitivo que EEUU e China. O presidente Emmanuel Macron anunciou 30.000 millóns de euros destinados á “reindustrialización francesa” con visos a proteccionismo comercial, e así poder aguantar a recesión global xa instalada nos mercados.

“Como dan a entender Xi, Macron, Biden e incluso Putin, o proteccionismo pode converterse nunha ferramenta quizáis non tan conxuntural”

Como dan a entender Xi, Macron, Biden e incluso Putin, o proteccionismo pode converterse nunha ferramenta quizáis non tan conxuntural.

Paralelalmente, dúas crises inesperadas (Alxeria-Marrocos e China-Taiwán) e as permantentes tensións ruso-occidentais (Premios Sajárov e Nobel para disidentes como Navalny e Muratov) afectan a Europa principalmente no seu subministro enerxético a piques de entrar no inverno.

Precisamente porque esas crises e tensións involucran aos seus dous principais provedores (Rusia e Alxeria) pero tamén ao principal consumidor global (China)

A OCDE anuncia que os seus stocks de petróleo están “por debaixo da media” mentres nos mercados comeza a falarse de “crise de ansiedade de oferta” que pode levar a dificultades de subministro para o 2022 ante o aumento da demanda global.

Dende Washington, o presidente Joe Biden impulsa proxectos enfocados en “enerxías limpas”, un cambio de modelo que busca reducir a dependencia do petróleo e do gas natural. Do mesmo xeito, China busca eliminar a súa dependencia do carbón de aquí ao 2050.

Obviamente, a suba do petróleo beneficiaría a produtores lastrados por crises políticas (Venezuela, Angola, Alxeria) pero ralentiza o consumo e a produción industrial naqueles países dependentes dese subministro, especialmente Europa, China e Xapón.

Neste clima de incertezas económicas, América Latina agarda este mes de novembro eleccións chave en países como Nicaragua, Arxentina, Chile e Venezuela e a posible renovación de tensións sociopolíticas (Cuba).

Toda vez, os respectivos gobernos e elites políticas latinoamericanas verán contestadas nas urnas as súas xestións da pandemia en contextos de crise socioeconómica.

Neste mundo de “nova normalidade”, a posibilidade de rexistrarse unha crise económica global similar ás acontecidas en 1929 e 2008 comeza a planear seriamente nos mercados e nos despachos de poder dos principais actores globais.

E todas estas expectativas enfocan as súas miras principalmente nun país: China. Pode que, indirectamente, isto tamén explique ata qué punto o xigante asiático está asumindo un rol preponderante neste complexo mundo do século XXI.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.