A Coruña, epicentro gastronómico nacional

Coa celebración do Galicia Fórum Gastronómico

A Coruña | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a inauguración do Galicia Fórum Gastronómico, que se celebra ata o martes 27 en Expocoruña. A cidade volve a acoller outra edición do maior evento do norte de España neste sector, cos máis prestixiosos chefs e sumilleres.

A Coruña celebra esta cita de gran interese e repercusión mediática tanto no ámbito nacional como no internacional, cita obrigada no sector, coa presenza de 27 estrelas Michelín, 160 expositores e sete escenarios para exhibicións e degustacións. Este foro converteuse nun evento de repercusión global, un punto de encontro imprescindible para os profesionais do food service no noroeste da península celebrándose as súas catro últimas edicións na Coruña. Contribúe, ademais, ao desenvolvemento do sector turístico gastronómico, clave na cidade herculina.

“A Coruña é o epicentro nacional do sector gastronómico con este foro de referencia internacional”, sinalou Inés Rey. Ata o martes pasarán pola Coruña chefs da talla de Ángel León, Jordi Cruz, Javier Olleros, Diego Guerrero, Vicky Sevilla, Lucía Freitas ou Pepe Solla. Esta edición baséase na sustentabilidade como eixo temático e, ademais dos showcooking dos mellores cociñeiros, contará con espazos destinados a gastronomía líquida, con importantes novidades como a primeira Batalla de Sumilleres do Wine Circus e o primeiro Cocktail Bar Fórum.

Tamén conta cun espazo de restauración para gozar de distintas opcións gastronómicas. “Este 2022 está sendo o ano da Coruña. Estámonos a consagrar como unha gran potencia, capaz de atraer a milleiros de persoas grazas ao seu indubidable atractivo turístico. Isto non 1 Nota de Prensa sería posible sen unha parte fundamental da nosa cidade: a súa gastronomía”, apuntou Inés Rey.

A rexedora quixo facer fincapé na importancia que ten a unión existente entre os diferentes axentes da cidade. Máis que un evento gastronómico Ademais de exhibir as tendencias e avances no sector gastronómico, este foro está concibido como unha feira para profesionais e como un gran centro de formación, un evento ambicioso, no que colabora o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, que conta co apoio de 35 empresas patrocinadoras e un gran equipo humano.

Por Expocoruña pasarán referentes do sector na cidade como Iván Domínguez (Nado), Kike Vázquez & Ana Señarís (Terreo), Javier Freijeiro & Moncho Barjo (Pracer) ou Adrián Felípez (Taberna de Miga).

Tamén haberá espazos como o Auditorio, o Ágora e o FórumLab, nos que se darán a coñecer a través de cociñeiros, mestres de sala, sumilleres e empresarios as últimas novidades do sector e achegarse á diversidade de estilos que cohabitan na cociña, con relatoras de primeiro nivel, sesións temáticas de máxima especialización e presentacións de produtos e servizos.

A Deputación tamén estivo presente
Entre o 25 e o 27 de setembro regresa o Fórum Gastronómico á Coruña, un evento que conta co apoio da área de Turismo da Deputación da Coruña e que, tras o parón dos dous últimos anos, volverá a erixirse no escaparate gastronómico do país.

Tres días dedicados á gastronomía nos que Turismo da Deputación ofrecerá un programa de actividades no stand institucional para difundir e poñer en valor a singularidade dos produtos e da cociña de tres territorios da provincia: a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o Xeoparque de Cabo Ortegal e o Eume.

Ademais, na xornada do martes, ás 10:30h, o vicepresidente e deputado de Turismo presentará a marca turística e gastronómica coa que a Deputación identificará de produtos agroalimentarios, liñas delicatessen e establecementos de restauración da provincia que apliquen parámetros de calidade e sustentabilidade.

Desde xeito, o departamento provincial de Turismo continúa coa súa aposta por vincular a promoción turística coa gastronomía de calidade e sustentable, co obxecto de dirixirse a un tipo de visitante, tanto galego como estatal, que busca e aprecia as particularidades culturais dos lugares que visita.

“Durante os últimos anos estamos realizando un tipo de promoción turística baseada na gastronomía ligada ao territorio, que aúna tradición e innovación, que pon en valor a economía circular e amosa a profesionalidade dos cociñeiros e cociñeiras que traballan nesta liña”, asegura Xosé Regueira.

O vicepresidente asegura que “é unha promoción que sabemos que funciona para atraer un tipo de turismo de calidade, visitantes que buscan produtos e experiencias que sexan xenuínas, que non van poder atopar noutro lugar, e que ademais sexan social e economicamente ssustentables, nos que a produción de proximidade é fundamental para dar resposta a grandes retos como o cambio climático e a ecoloxía”.

Os tres territorios da provincia cuxa gastronomía estará representada no stand provincial correspóndense coas dúas comarcas incluídas nos Plans de Desenvolvemento Turístico en Destino, como son o Eume e Ortegal, e coa que conta cun distintivo de calidade que recoñece os produtos agroalimentarios producidos con estándares de calidade e sustentabilidade, como é o caso da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O programa incluirá degustacións, catas comentadas de viños e vermús e un showcooking diario.

Así, representando a produción agroalimentaria e gastronomía de Cabo Ortegal estarán presentes produtos de Conservas La Pureza, as Maruxas de Nata, Lácteos o Casal, algas Mar de Ardora, e zumes ecolóxicos e  lácteos de Moeche. Tamén se inclúe un showcooking a cargo do cociñeiro Cristian Santiago do Restaurante Marea de Cariño.  Mentres, o territorio do Eume estará presente no Fórum a través dunha degustación de requeixo de Campo Capela con mel da Casa do Mel de Goente, e dun showcooking a cargo do cociñeiro Antonio Díaz Calvo de Gastrofood Autga.

A Reserva da Biosfera achegará dous showcookings: un cargo de Lolo Mosteiro e Paula Martínez do restaurante A artesa da Moza Crecha de Betanzos, e outro a cargo de Christian Vadell do restaurante Brasa de Beche de Abegondo. Ademais durante os tres días realizaranse catas de viños comentadas sobre diferentes producións vitícolas da IXP Viño da Terra de Betanzos. O programa tamén inclúe unha degustación sobre viños da IXP Barbanza e Iria e unha degustación diaria de vermú galego.