A Coruña entrega as Medallas de Ouro da Batalla de Elviña

Foron galardonados o embaixador británico en España, Alexander Wykeham Ellis, o investigador Fernán Gómez Filgueiras y Brage e a directora da residencia de Maiores Domus VI Cidade Vella, María Isabel Otero Fernández-Aperribay

A Coruña | A Alcaldesa Inés Rey presidiu hoxe en María Pita o acto de entrega das Medallas de Oro Conmemorativas do 127º aniversario da Batalla de Elviña, que enfrentou a españoles e ingleses contra as tropas napoleónicas nas inmediacións da cidade da Coruña. Baténdose en retirada, os defensores conseguiron salvar a boa parte das tropas grazas, en parte, ao xenio militar de Sir John Moore, que morreu na loita e foi enterrado nos xardíns de San Carlos.

“Un home que, despois de percorrer co exército británico os recunchos máis remotos da terra, desde as Américas ata a India pasando por Exipto, veu morrer ás nosas costas nubradas”, lembrou a alcaldesa. Recibiron o galardón o emabaixador británico en España, Alexander Wykeham Ellis (a súa medalla foi recollida no seu nome polo agregado militar, Antony Rapp), o investigador da UDC Fernán Gómez Filgueiras y Brage e a directora da residencia de Maiores Domus VI Cidade Vella, María Isabel Otero Fernández-Aperribay. Tamén interviu no acto Manuel Arenas, presidente da asociación The Royal Green Jackets e promotor de varios actos conmemorativos pola efeméride da batalla.

No seu discurso, Rey rendeulle homenaxe a Sir John Moore e apuntou que, polo seu desexo de ser enterrado alí onde morrera, o militar británico acabaríase convertendo “nun coruñés máis”. “O seu legado é aínda visible. O seu nome forma parte, desde hai anos, do rueiro. O seu rostro aparece en bustos e pinturas”, subliñou. Tamén no marco das actividades conmemorativas da batalla, o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, acudiu á entrega de ofrendas florales en honor a Sir John Moore nos xardíns de San Carlos, fronte a súa sepultura. Estiveron presentes na homenaxe representantes diplomáticos de Francia e Gran Bretaña, autoridades militares e membros dos Royal Green Jackets.

500.000€ para as festas dos barrios
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, acompañado por técnicos do IMCE, mantivo unha reunión con representantes das asociacións e entidades veciñais para informar acerca das subvencións que poderán solicitar este ano para a celebración das festas nos seus respectivos barrios. O importe total que destina o Concello a ditas celebracións ascende a 500.000 euros, e cada entidade poderá solicita ata un máximo de 20.000 euros para a organización dos eventos.

Poderán ser beneficiarias destas axudas asociacións veciñais sen ánimo de lucro, con sede na Coruña e que se atopen rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC) na data de finalización do prazo de presentación dás solicitudes. O concelleiro informou de que serán considerados subvencionables todos aqueles gastos correntes que teñan relación directa coa organización e celebración das festas dos barrios (cachés e producións dos espectáculos, aluguer de material, vixilancia ou xestoría e asesoría, pirotecnia, contratación de perasoal sanitario, gastos derivados do seguro de responsabilidade civil ou dereitos de autor, entre outros) e que se orixinen dentro do período subvencionable. Trátase, indicou Castro, de facilitar ás asociacións afrontar os investimentos precisos para poder organizar as súas respectivas festas.

Entre as melloras introducidas este ano o IMCE poñerá a disposición das Asociacións Veciñais medios propios dos que dispón para o bo desenvolvemento da festa, sen que isto se considere que forma parte dos gastos obxecto da subvención (mesas, cadeiras, tarimas, 1 Nota de Prensa e outros elementos sempre que exista dispoñibilidade), o IMCE tamén se encargará da subministración e do custe dos baños químicos que se consideren necesarios para a celebración das festas.

“A Coruña non pode entenderse sen os seus barrios. O traballo das asociacións veciñais na cohesión social da comunidade é esencial, nese obxectivo as festas son un instrumento imprescindible, aportando tamén un apoio relevante ao tecido cultural da cidade. O goberno de Inés Rey seguirá apoiando decididamente as festas de barrio pola súa trascendencia social e cultural”, subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Castro destacou tamén o éxito que tiveron as festas na pasada edición, cando se estreou un sistema de axudas públicas ás entidades que ofrece a estas maior capacidade de autoorganización, mantendo a colaboración do Concello.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.