• Segue conectado
  • |

A coroa non é neutral.

Os derradeiros anos do mandato do rei Juan Carlos afondaron na idea de que a Coroa era a Institución que pechaba e lle daba sentido ao sistema da transición, baseado no bipartidismo dinástico PP-PSOE e no capitalismo do BOE ou de amiguetes, manifestado nas grandes empresas concesionais, construtoras, de distribución eléctrica ou bancarias presentes maioritariamente no IBEX 35. Foi Juan Carlos, asemade, un Rei cun concepto fondamente unitarizante, que chegou defender en San Millán de la Cogolla (2001) que “ a nadie se le obligó nunca a hablar en español…”, afirmaciòn que descualifica á Casa Real canto á súa sensibilidade a respecto da pluralidade lingüística e cultural española.

A proclamación do seu fillo Felipe de Borbón fixo agardar de moitas persoas que o novo Rei, como home da nosa xeración e persoa con boa preparación intelectual, ía conectar mellor coa plurinacionalidade do Estado e ía abrir novas vías canto á sensibilidade a respecto dos terríbeis efectos na nosa sociedade do desemprego (e, xa, subemprego) e as grandes inxustizas sociais. Mais iso non foi así.E teño para mín que Felipe de Borbón ten ideas propias a respecto do seu rol institucional e éste pasa por un aberto intervencionismo, nunha tradición borbónica que afunde as súas raíces en antepasados do Rei actual, como Alfonso XIII, que chegou aceptar o golpe militar de Primo de Rivera e posibilitar a súa ditadura.

Canto á sensibilidade plurinacional, semella que El Rei sintoniza coas ideas de Albert Rivera cando dí que “o Xefe do Estado non pode ser neutral cos independentistas”. Nin sequera cos que acreditan na plurinacionalidade do Estado. Velaí ese concepto historicista e esencialista de nacionalismo español que destilou a mensaxe real do pasado Nadal e a frialdade, cando non hostilidade, publicamente amosadas a respecto do President Màs e, máis recentemente, da presidenta do Parlament catalán.

Mais tampouco semella que os valores da xustiza social e da substitución das políticas de austeridade sexan prioritarias. Pola contra e ás resultas do que nos revele o vindeiro futuro, semella que a aposta do Xefe do Estado sería un goberno apoiado no bipartidismo dinástico e nos C’s, o seu comodín. Un goberno que atopa o rexeitamento da maioría das bases electorais do PSOE e de non poucos dos seus cadros, nomeadamente os do norte do Estado.


Advogado. Colabora en varios medios galegos.
Publicado o 18 Xan 2016.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies