
Tui/PPdeG | A concelleira Pilar Gregores, anunciou a súa renuncia ao Grupo Municipal do Partido Popular, encabezado por Nico Montes, e o seu paso á condición de concelleira non adscrita.
Gregores explicou que a súa decisión é froito “dunha longa reflexión” tras “un ano de illamento e exclusión dentro do grupo”, situación que, segundo afirma, “non só dificultou o exercicio responsable e eficaz” das súas funcións, senón que tamén “menoscabou” a súa integridade persoal e política.
Jorge Lima será o seu substituto
Pola súa banda, o voceiro do grupo municipal do PP de Tui, Nico Montes, vén de anunciar a próxima incorporación de Jorge Lima Durán, en substitución da concelleira Pilar Gregores, que acaba de formalizar a súa renuncia á acta co correspondente rexistro no Concello.

Montes indicou que produciuse un “malentendido sobre o futuro político” da edil Gregores, que expresou publicamente a súa intención de deixar o grupo municipal, pero que deixou ben claro que mantiña o seu compromiso co PP e con Tui.




