A Cidade da Cultura acolleu a presentación da LXIII Festa da Lamprea de Arbo

O alcalde Horacio Gil estivo presente xunto á Directora de Turismo de Galicia, entre outras personalidades

Santiago de Compostela | Xa son 63 edicións consecutivas da festa culinaria pioneira en Galicia. Non en balde xa foi declarada de Interese Turístico Internacional, en recoñecemento á súa antigüidade, singularidade, o seu valor cultural e gastronómico e o seu atractivo turístico. No día de onte presentamos na Cidade da Cultura en Santiago a LXIII Festa dá Lamprea ante os medios de comunicación.

O acto foi presidido polo alcalde do Concello, don Horacio Gil Expósito, que relatou as bondades da súa terra e en especial desta festa que mobiliza a toda a localidade durante semanas coas actividades xeradas ao redor dela, e que ademais ten ‘bis’ en setembro coa celebración doutra homenaxe á lamprea seca.

Ao acto asistiu a Directora Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, a Xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, Xerentes das adegas de Arbo e medios de comunicación. Falar de Arbo (https://festadalamprea.gal/) é falar de lamprea e viño. Tal é a súa relevancia, que nesta localidade, o peixe e as uvas non só deixan pegada no padal, senón tamén forman parte do escudo e a bandeira do municipio.

Ela, a primeira, leva máis de 500 millóns de anos no planeta, é o vertebrado máis antigo do que se ten constancia, e vese que o Miño é o hábitat máis óptimo para preservar a súa ‘boa saúde’, porque ano tras ano, regresa a desovar alí despois de pasar gran parte da súa vida no mar.

O segredo para a pervivencia deste curioso animal, tamén coñecido como o vampiro mariño, é a sustentabilidade na súa pesca, e é que aínda se conservan os métodos tradicionais de hai máis de 1.000 anos, dise mesmo que poden ser da época romana. Trátase das pesqueiras, unhas barreiras ‘naturais’ encaixadas no leito que capturan as pezas sen esquilmar o río entre os meses de xaneiro a maio, cando está aberta a veda – informo o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

É por iso durante esta época, concretamente a última fin de semana de abril (do 29 ao 30), cando o municipio celebra un dos acontecementos máis relevantes da Comunidade e que ademais evento gastronómico máis lonxevo de toda Galicia. Trátase da Festa da lamprea, que este ano celebra os seus sesenta e tres edicións ao grande, xa que será a primeira vez co título de ‘Festa de Interese Turístico Internacional’. Por estas datas, Arbo multiplica a súa poboación, que reciben con agarimo e amabilidade aos visitantes de pobos veciños e afastados, que se achegan para gozar dunha saborosa fin de semana no recinto de Arbomostra.

Nesta reunión promovida por hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello, que seguiu celebrándose grazas á tradición familiar e á transmisión de receitas de pais a fillos -como en empanada, lamprea asada á brasa, frita, rebozada, guisada ou á arbense-, tamén se presume de viños, outro dos tesouros de Arbo. Son viños con Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas como o Albariño e o Condado, da subzona do Condado do Tea, monovarietales de albariño e polivarietales de albariño treixadura e loureira.

Do 28 ao 30 de abril en Arbo estamos de Festa. Celebramos a 63 edición da Festa dá Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional, e están todos convidados – acababa a intervención, Horacio Gil.