A cidadanía participa na Axenda Urbana 2030 da Eurocidade Cerveira-Tomiño

A través dunha enquisa de carácter transfronteirizo

Tomiño | Ata o 15 de xaneiro, a Eurocidade Cerveira Tomiño leva a cabo unha enquisa online, co obxectivo de recoller a opinión e os intereses relacionados con problemáticas de carácter transfronteirizo, en áreas específicas como a economía circular, a mobilidade, os hábitos de consumo, a igualdade e a programación cultural.

A enquisa resultará na elaboración da Axenda Urbana 2030 da Eurocidade Cerveira-Tomiño, que conta co apoio do AECT Río Miño, no ámbito da elaboración das Axendas Urbanas Transfronteirizas do Río Miño.

Ao longo de 2022, Cerveira e Tomiño desenvolveron conxuntamente un proceso participativo con axentes sociais, económicos e culturais, de forma a atualizar a súa primeira Axenda Estratéxica de Amizade elaborada en 2015.  O proceso foi bastante dinámico e envolveu varias fases, nomeadamente a realización de reunións temáticas con asociacións e empresas, así como a interacción do equipo técnico da Eurocidade Cerveira-Tomiño cos municipios de Melgaço, Arbo, As Neves, A Cañiza, Crecente, Camiña, A Guarda e O Rosal na delineação de propostas de intervención sobre distintos asuntos e problemáticas que afectan a cada un dos territorios tomando como base o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) das Nacións Unidas.

A implementación das Axendas Urbanas Transfronteirizas no territorio do Río Miño permitirá que o espazo transfronteirizo sexa máis inclusivo, resiliente e sostible. A importancia desta ferramenta de planificación conxunta reside no seu carácter innovador, é unha iniciativa de cooperación que pretende deseñar o territorio como un espazo funcional e procurar novas formas de resolver problemas que afectan directamente a vida das persoas.

De subliñar que o programa de capacitación “Axendas Urbanas Transfronteirizas das Eurocidades do Río Miño” está integrado no proxecto “Rede de Apoio ás Dinámicas Locais de Cooperación no Río Miño Transfronteirizo” – Rede Lab Miño”, promovido polo AECT Río Miño e co -financiado polo Programa Interreg V-A España – Portugal.

A enquisa encóntrase dispoñíbel a través do link: https://aectriominho.eu/axendas-urbanas-transfronteirizas/enquisa/