A Cepa que esmorece.

Pere Barrufet-Couñago

Ista cepa que tendes na foto da cabeceira, é de piñeiro floral – segundo Vitoria -,que tiñamos no noso eido da Cova da Raposa, de delicadas frores brancas. Morreu-nos sen laiar-se. E eu no arrinca-la da terra galega, matinei decontado que a mesma tiña un grave e inequívoco simbolismo, ou figura de desalento, o cal segundo a miña subxectiva opinión, visión de idealista patriota frustrado, por diferentes motivos, asemade politicos, sociais, culturais, lingüísticos e de emigración, coa triste realidade que temos hoxe na nación catalana, a vexo en vias de esmorecemento. Nación que non comprende soio o dito Principado, senón tódolos Países Catalans, sen esquecer a vila catalana do Alguer (Sardinnia).

A base de pedra procede da benquerida e sempre lembrada Costa da Morte, a mesma do “Nunca Máis”, filla espúria da catástrofe do Prestige (13 de novembro de 2002 ), que tanto Fraga e máis Rajoy, con altivez institucional desprezaron de seu, tipico do PP, e da sua andaina politica, respecto a vella Galiza dos irmandiños, que tiñan e teñen por unha colonia, ao servizo e obediencia escrava de Madrid.

Mesmo fai hoxendia o “galegocida” Feijóo, que en contra do que anunciou hai un tempo, que non ia voltar a presentar candidatura para presidente da Xunta. E dicir que non ia repetir no cargo. Trocou de idea e de programa, se cadra porque en Madrid, non o queren, os mesmos seus confrades de partido. Sabe que nunca será escollido presidente do estado. Con semellantes persoeiros, criados de mente e feitos. Polo tanto“onde eu disse,eu digo,eu digo Feijóo”.

Costa da Morte que ao traveso dos benqueridos amigos, coñocidos como tantos na emigración, María do Carme de Mazaricos, e Manoel Baña, de Aróu, aldea na beira da mar salvaxe, de enormes e pequenos penedos, de percebes cheos, concello de Camariñas (A Coruña). Hospedados por eles na sua casa, con agarimo e fonda amizade, visitamos a muller e máis eu, unha escolma de veces, que esperamos sen abusar, voltar a repetir, denantes de morrer.

Por variada xeografia, por natureza, por mestura de razas e xentes,lingoas, relixión, reinos e historia. A Península Ibérica, somos por ventura unha “rajola”-ladrilho valenciano de Manises, rico e variado de persoas e pobos. Persoas que raramente poidemos convivir e compartir, penas e anceios, e desenrolar de igual a igual, cadanseu a sua singular personalidade, sexa trabucada ou xusta, cun minimo e desexable espirito de paz e mutuo respeto, na diferenza.

Sempre e mais a partir en parte da desventurada parella entronizada, por máis bulra chamada“católica, a mesma que segundo o “Sempre em Galiza” de Castelao, “ domou e castrou “, o vello e primeiro reino de Galiza. Expulsou aos xudeus, motor de traballo, comercio, saber, cultura, aforro e riqueza, coa escusa da relixión de paravento, o que fixeron foi apoderar-se dos seus bens.

Mais tarde co turno da dianastia dos Austrias, tocaria-lle aos musulmans, igoalmente ricos de arte, saber e ciencia, por exemple no aproveitar, aforrar e disfrutar da auga, todo unha arte, ainda hoxe válida, e outras comunidades, como son os xitanos, tamén marxinados e maltratados. Ascaso todos os mentados ou non, non tiñan se cadra igoal o máis dereito que os cristiáns, foran vellos ou conversos? Sometida e axusticiada a Castela comunera, emerxe cal lóstrego a Castela uniforme, centralista, feudal e supremacista da Mesta, de corte imperial, basada no comercio da lana.

E dicir que nas Españas en plural, hai que inventar e artellar unha xeografia, unha lingoa superior, unha corte parasitaria de hidalgos, aduladores, preguiceiros e confidentes dos nobres e a igrexa, para rematar coas diferenzas humanáns e politicas que hai no reino partillado dos lembrados católicos.

Pasaron os séculos aí andamos, nas tenebras agardando a luz, resistindo e loitando unha vez e outra – mallados e desprezados -, polos de sempre, contra o xenocida proxecto nacional do estado, que non é nación, e que continua na teima, malia todo, de acadar o proxecto, para isto conta con FAES de Aznar, PP, Ciudadanos, Vox, PSOE, CEE, Ibex e banca, partidos unionistas, grupos fascistas, meios escritos,impresos, dixitais, televisivos, radiofónicos, -5- asinan e fan seu, sen problemas de ética, nin moral.

Usando todo o imune poder do estado, que non ten manias, nin reparos, en usar, castigar, multar, mallar, prender a toda aquela/l, ou aqueles que se atreven a plantar-lle cara e contestar o mesmo, con sede en Madrid,a do km cero, do goberno e da monarquia, polos borbons sequestrada, deica Felipe V o tolo.

E aí andamos penando todos, dominadores e dominados, súbditos e cidadáns, porfiando uns cos outros sen cesar, nembargantes para os dominados é un sen vivir. Os galegos emigrando,polo mundo adiante, e os cataláns após da trampa do indulto,de non confundir coa amnistia, que o Sánchez títere de profesión, máis que político, voceiro fantasma da corte dos milagres do diálogo, que el marca as cartas do trucado xogo.

Namentras os presuntos independentistas cataláns, buscan atopar a lúa nun cesto furado, igoal que Pujol co “ peix al cove “. Moito parolar, prometer e adiar proxectos e milloras, que nunca van ser realidade, eles saben que o tempo xoga a favor de-les.

Malia a nova Generalitat dende Sant Jaume, igoal a Santiago, vai esperando,vai errando, cunha boa carga de inxenuidade, que os devanditos van trocar de xeito e cumplir as promesas dunha vez. Eu digo e escrivo que non, non saben nin queren. Polo tanto o máis sensato seria botar a baralla na cacharela de San Xoán,ou incinera-la no lixo da Nova Tracjusa de Xuneda. A piques de pola en funcionamento, por Calvet autorizada.

En fin agora que xa estamos nunha cativa e noxenta autonomia descafeínada,malia certos profisionais da política, e funcionarios dunha morea de administracións, moitos de-les nomeados a dedo “ que viuen i xuclen mamella de l’erari públic, que els pobres paguem “. Eu xubilado e de volta de moitos soños engaiolados, inquedanzas e pesares, emulando con humildade de seu a Manuel de Pedrolo, Josep M. Batista i Roca, Manuel Viusà, Muriel Casals, Pere Quart, M. Mercè Marçal, Josep Vallverdú i Aixalà, Jordi Cuixart, Quim Torra, Vicent Partal de Vilaweb, Rosalia de Castro, Castelao, Bóveda, Otero Pedraio, Paz-Andrade, Isaac Diaz-Pardo, Baltar, Xosé Manuel Beiras, Eduardo Blanco-Amor, Suso Vaamande, Suso de Toro e Manuel Rivas, etc.

Penso na medida que o permita a miña fraxil saúde, coido seguir ao pé do carro da dignidade, que non me poden roubar, nin sequestrar,como eisi a irrenunciável condición de catalán universal, e se os galegos me queren, penso sere galego perfillado. Saúde e república miñas amigas e meus amigos, dende Xuneda da Femosa e Ventosela de Redondela. Quero subliñar que teño coñocido funcionárias públicas competentes e xentiles, plenamente ao servizo da xente.

Para evitar que certos persoeiros da politica, convirtan a mesma nunha profesión de vida, o máis sensato para rexenerar a contaminada democrácia que temos, seria, que soio poideran estar no cargo duas lexislaturas, e basta. Sen portas xiratorias. Asemade a dimisión teria que ter tamén carta de lei, a seguir, co gallo de evitar o esperpento de perpetuar-se no poder, sexa municipal, diputación, comarcal ou Generalitat. Que é o que está e quere facer Feijóo, continuando na Xunta. Feijóo Fica embora!