A Cañiza terá novo servizo de comunicacións coa empresa R Cable e Telecable

Por un importe de 17.365,95€ anuais, IVE incluido

A Cañiza | O pasado 10 de xuño, o Alcalde asinou o Decreto de adxudicación deste servizo de telefonía por un importe de 17.365,95€ anuais, IVE incluido. Un contrato por dous anos de duración que se podera prorrogar por outros dous.

Segundo os datos extraídos da contabilidade do Concello, o gasto anual en telefonía destes últimos anos superaba os 22.000€uros, polo que a adxudicación deste novo contrato permitirá ao Concello aforrar unha media de 5.000€uros.

Ademáis a oferta presentada pola empresa adxudicataria, “R Cable”, contempla unha notable  mellora en todo o servizo de telecomunicacións. Cambio dos termináis de telefonía, aumento da capacidade e do tráfico de datos con tarifas de bonos de datos ilimitados, proporcionando un ancho de banda maior asignado ás liñas existentes ademáis dunha conexión a internet segura para protexer os recursos da administración.

O novo servizo de telefonía tamén permitirá a monitorización e seguimento das conexións a Internet a través de ferramentas de xestión  e ofrecerá  “redundancia en operador móvil”, é dicir, en caso de caída da súa rede de voz e datos redirixirá a través dun servizo de backup hacía outro Operador de xeito que o Concello non perda en ningún momento conectividade.