A Cañiza rehabilitará a súa piscina climatizada

Convenio entre o Concello e a empresa Civis Global, S.L.U

A Cañiza | A tramitación iniciouse o pasado 27 de xullo coas providencias correspondentes, o informe do Secretario, o informe de fiscalización do Interventor Municipal, a proposta da Xunta de Goberno Local de aprobación do expediente da contratación e o anuncio de licitación do expediente número 962/2021 publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público o pasado 04-01-2022 ás 14:01 horas.

Neste portal do Goberno de España, ao que teñen acceso todas as empresas, estiveron publicados todos os pregos administrativos relacionados coa obra. Ademáis a plataforma é a que marca os tempos para a presentación das solicitudes e ofertas.

En todos os procedementos de licitación de obras se constitúe unha Mesa que é a encargada de abrir e valorar a documentación e ofertas presentadas polas empresas a través da plafatorma. Nesta Mesa a participación da parte política do Goberno da Cañiza está en minoría (porque así o decidiu o Alcalde Luis Piña) xa que a mesma está composta polos funcionarios habilitados do Concello (interventor e  secretario) e polo Alcalde, en igualdade de condicións e votos e por un funcionario administrativo que é o que exerce como Secretario da Mesa con voz pero sen voto.

Nesta licitación unicamente se presentou, a través da Plataforma de Contratación do sector públicos, unha empresa: Civis Global, S.L.U, de Vigo.

Esta Mercantil puido concurrir e participar nesta licitación porque contaba con toda a documentación e acreditacións de solvencia necesarias, como se recolle no expediente correspondente.

Destacaban así a presentación de declaración e avales garantistas, compromiso de adscripción dos medios materiais e persoais necesarios para a correcta execución da obra,  certificado e declaración de vixencia de  inscripción no Rexistro Oficial de Licitadores e empresas clasificadas do sector público, certificados de non ter  pendentes de ingreso débedas coa Seguridade Social e coa Axencia Tributaria, certificado de situación no Censo de Actividades Económicas do AEAT así como unha declaración responsable de non ter causado baixa no censo do IAE.

Unha vez valoradas pola Mesa de contratación as condicións técnicas e acreditacións de solvencia da empresa e coñecida a oferta económica, a Mesa solicitou, ao arquitecto redactor do proxecto de reforma da piscina, unha valoración.  A Mesa aprobou a oferta por UNANIMIDADE de todos os membros.

Finalmente a proposta da Mesa de contratación foi aprobada pola Xunta de Goberno local do Concello o pasado 8 de febreiro e hoxe o Alcalde Luis Piña asinou o Contrato coa empresa, despois dun procedemento totalmente garantista e transparante como todos os que se veñen desenvolvendo neste mandato.