A Caniza e Mondariz Balneario xa son nomes oficiais

A RAG aprobou a proposta de revisión do Nomenclátor de Galicia

A Coruña | O Consello da Xunta da Real Academia Galega aprobou oficialmente a proposta de revisión, corrección e actualización do Nomenclátor de Galicia (NG) de 2003 que xa presentara en xullo pasado á Comisión de Toponimia da Xunta.

O documento incorpora 1.665 nomes, ata chegar aos 42.909 topónimos que designan os 313 Concellos de Galicia. No caso do Condado Paradanta destacan a oficialidade dos nomes para Concellos como A Caniza, sen a letra ñ, e Mondariz Balneario sen guión.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.