
Ourense | As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir deste luns, 23 de febreiro.
Para acometer estes traballos, que incluirán o izado do taboleiro, será preciso un corte completo da calzada, con desvío do tráfico entre o Enlace de Maside (AG-54) e a A-52, a través da estrada N-541. O corte comezou este luns ás 8 horas e manterase ata as 13 horas do venres.
Durante a execución das obras, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.
Este novo contrato da Xunta enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva.




