A Audiencia Provincial ditamina que a concelleira Vanesa Fernández no cometeu ningún delito

A Audiencia Provincial dita temeridade e a non existencia de prevaricación nas tres denuncias interpostas por tres membros de Protección Civil Ponteareas contra a entonces concelleira de Seguridade Cidadá

Ponteareas | A concelleira socialista Vanesa Fernández comunicou hoxe aos medios de comunicación a resolución firme da audiencia provincial de Pontevedra ante a denuncia por prevaricación interposta por tres membros de Protección Civil de Ponteareas cando ostentaba o cargo de Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade no ano 2019.

Vanesa Fernández explica que a Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación impoñendo as costas do recurso aos denunciantes por apreciar temeridade.

“A Audiencia dí que esta temeridade se aprecia na falta de solidez dos argumentos da parte querellante e o itínere procesal que promoveu coa ocultación da previa existencia dunhas dilixencias informativas en fiscalía”.
A agora concelleira de Emprego e Formación explica que “queda demostrado porque así o dí a Audiencia Provincial que se empregaron “afirmación incertas”, que “non existe ilicitude penal algunha”, que “a parte apelante pretendía impoñer un procedemento distinto ao que foi asumido” e que “o escrito de impugnación artículase sobre afirmacións inveraces”.

Na rolda de prensa a concelleira socialista relatou o histórico dos feitos salientando o dano persoal ao que se víu sometida e o ataque do grupo da oposición do Partido Popular “durante todo este tempo tiven que soportar un asedio brutal nas redes sociais, acentuada sobre todo por algúns edís do PP chegando incluso a través da súa voceira Belén Villar a pedir unha comparecencia no Pleno para tratar de xulgar e o que a Xustiza estaba a resolver”.

Vanesa Fernández manifestou que hoxe era un día importante para ela e para a súa familia porque se facía xustiza e adiantou que agarda unha rectifidación por parte dos concelleiros/as

populares.
Na súa comparecencia Fernández tivo palabras de agradecemento para os voluntarios e voluntarias de Protección Civil Ponteareas que seguiron amosando compromiso, vontade e responsabilidade adicando o seu tempo e esforzo durante todo este “lamentable” proceso.
Vanesa Fernández tamén quixo destacar que as datas destes feitos correspóndense a períodos electorais de eleccións municipais “parece que existe unha mala fe ao por tres denuncias contra a miña persoa, reiterando acusacións e ocultando ao xuíz os resultados dunhas investigacións relaizadas. Isto semella acoso e derribo en plena época electoral co único seguimento e cobertura do PP ando eran coñecedores do expediente e da miña inocencia”.

Relación de Feitos
O día 18/02/2018 un grupo de voluntarios da agrupación de Protección Civil Ponteareas (en diante P.C) diríxense á entonces concelleira de Seguridade Cidadá Vanesa Fernández para poñer no seu coñecemento unha serie de supostas irregularidades e ilegalidades que se estaban cometendo na agrupación municipal.
O día 16/04/2018 incóase o expediente sancionadar contra o entonces presidente da agrupación de P.C.
O día 26/10/2018 resólvese o expediente sancionador acordando como sanción a expulsión do presidente como voluntario de P.C e consecuentemente o cese do mesmo como presidente de calquera outro cargo que ostentase.
A raíz desta sanción prodúcese un vacío legal e a agrupación de P.C queda sen presidente, polo que tras varios informes xurídicos, acórdase levar ao pleno a modificacion do regulamento de P.C para solventar este vacío legal e ao mesmo tempo nomear un responsable da agrupación para poder seguir prestando o servizo de P.C na nosa vila.
Finalmente, e a pesares do posicionamento en contra da oposición, o regulamento de P.C modifícase no pleno e permite dar normalidade á prestación deste servizo público.

Ante todo isto, varios voluntarios de P.C acuden en decembro de 2018 a presentar unha denuncia contra a concelleira Vanesa Fernández na Garda Civil. A Garda Civil arquiva a denuncia.
O 28 de decembro de 2018 presentan denuncia contra a concelleira Vanesa Fernández na fiscalía de Vigo acusándoa de varios delitos (prevaricación contra os dereitos dos e das cidadás).

O 12 de marzo de 2019 a fiscalía de Vigo arquiva as dilixencias posto que non hai vulneración de preceptos legais e non se tiña adoptado ningún acto ou resolución do Concello contrario ao regulamento. A fiscalía engade que “os actos denunciados non revisten natureza delitiva e tampouco concurren indicios de delito de prevaricación”.
En outubro de 2019, tal e como recolleu un medio de comunicación sen contrastar e comunicando falsidades que tiveron que rectificarse, tres membros de P.C presentan querella contra a concelleira Vanesa Fernández por presunto delito de prevaricación … outra vez en período electoral… esta vez eleccións estatais.

O xulgado de primeira instancia e instrución de Ponteareas acorda mediante auto de 13/12/2019 o sobresemento e arquivo das actuacións. Contra este auto interpúxose por parte deste grupo de voluntarios de P.C recurso de apelación que foi resolto pola audiencia provincial con carácter firme o 19/02/2020.