A alcaldesa Nidia Arévalo presentou o proxecto de humanización da Igrexa de Sanguiñeda (Mos)

Incluído no seu programa electoral

Mos/PPdeG | A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía polo PP mosense, Nidia Arévalo, presentou esta mañá o proxecto de humanización integral da contorna da Igrexa de Sanguiñeda. Fíxoo xunto co seu número 7 da candidatura popular e veciño de Sanguiñeda, José Ramilo, arquitecto técnico e enxeñeiro de Edificación.

Arévalo e Ramilo informaron de que, tras ter adquirido o Concello de Mos unha parcela na parroquia de Sanguiñeda de 775,72 metros cadrados para a incorporación ao patrimonio público (que supuxo unha inversión de 22.048,16 euros), destinarase o devandito espazo a incluílo na humanización e mellora da contorna da igrexa de Sanguiñeda, no barrio do Piñeiro, e habilitalo como aparcadoiro público.

A actuación de humanización proposta, e na que se incluirá a parcela adquirida, ten por obxecto mellorar as instalacións e servizos existentes, así como a urbanización da contorno da Igrexa Parroquial de Sanguiñeda e as vías de comunicación que atravesan o torreiro, que serán de uso excepcionalmente, para tráfico rodado de residentes, servizos e vehículos de emerxencia. A superficie de actuación sitúase no Barrio de Piñero, ao oeste da Avenida de Sanguiñeda e comprende a superfice do torreiro da Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, o acceso dende a Avenida de Sanguiñeda baixando cara ao oeste e cruzando o Río Perral ata chegar ao torreiro. A superficie de actuación total é de 4.540,00 m2.

As parcelas que se atopan dentro da intervención proposta serán espazos que se destinarán ó uso público e permitirán regularizar zonas de circulación tanto de vehículos coma de peóns ademais de facilitar os accesos ás edificacións existentes. Parte da superficie de actuación está delimitada polo Plan Xeral de Ordenación Municipal dentro do Contorno de Protección do elemento catalogado como é a Igrexa Parroquial de Santa María, que conta cunha protección Integral.

A actuación proposta enténdese como a máis idónea para o programa de necesidades exposto e responde á reflexión sobre a funcionalidade, orientacións, adaptación ó entorno.
A extensión da mesma vén dada pola necesidade de adecuar accesos existentes a parcelas, circulación de vehículos dos residentes no núcleo e peóns, así como permitir de maneira excepcional o paso de trasporte público de persoas, recollida se residuos, …

As intervencións divídense en varias partes. Primeiro o soterrado das liñas aereas de electricidade e telefonía existentes. Desta maneira tamén se executarán novas acometidas que eliminarán os cadros, contadores, postes, … que pasarán a estar aloxados en arquetas. Trazaranse varias liñas de recollida de augas pluviais que se canalizarán ata os puntos de verquido a escorrentías naturais.

Para permitir o uso da superficie do torreiro incoporaranse varios muros que conterán o terreo de maneira escalonada, isto dará lugar a plataformas cunha pendente totalmente accesible. Con esta adaptación da ransante ábrese un paso ata a planta inferior do edificio lindeiro ó sur que permite o acceso a persoas con mobilidade reducida. A este mesmo punto poderase chegar polas escaleira situadas no eixo da praza.

A cualificación do programa xerarase pola vinculación do torreiro ao medio, co uso de materiais acordes co mesmo mediante volumetría sinxela e adaptada á propia escala do espazo. Os desniveis xerados protexeranse mediante petos e barandillas, de maneira que nunca exista una altura de caída que supere o indicado por normativa.

A superficie de todo o ámbito tratarase con 3 materiais que permiten tanto o tráfico rodado como o peonil. Por un lado formigón continuo en varias cores, adoquín semicontinuo que permita o crecemento intermedio de herba e por último unha superfice blanda de xabre compacto na que se sitúan bancos, árbores e outros elementos.

A iluminación tamén se dispón en 3 formatos; proxectores enrasados no pavimento, farolas baixas en percorridos de paso e focos de iluminacion direccionables na superfice da praza.