A alcaldesa Nidia Arévalo fortalece a súa lista electoral en Mos

Coa incorporación de Camilo Grandal e a deputada autonómica Feli Rodríguez

Mos/PPdeG | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, desvela as súas apostas fortes da canditatura que encabeza para presentarse aos vindeiros comicios electorais do 28 de maio e revalidar por cuarta vez a maioría absoluta que lle permita seguir a gobernar o municipio.
Xunto con dúas novas caras que se unen por primeira vez á súa lista electoral, Arévalo será a cabeza de lista dun equipo que mantén tamén a varios concelleiros e concelleiras do actual goberno local.

Deste xeito a candidata á Alcaldía de Mos e actual alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, presentou hoxe ao seu número 2, Camilo Grandal, candidato pola parroquia de Torroso, e á terceira na lista electoral da candidatura do PP de Mos, Feli Rodríguez, candidata pola parroquia de Tameiga.

Dos postos 1 ao 10 da lista haberá un candidato por cada unha das dez parroquias mosenses, Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso, según desvelou Arévalo.

Sobre as súas dúas apostas fortes, Grandal, número 2, e Rodríguez Carrera, número 3, a rexedora local mosense e candidata popular declarou que “tanto Camilo como Feli son os mellores e máximos defensores das súas respectivas parroquias, Torroso e Tameiga, e os seus maiores valedores; e un gran referente para veciñanza da parroquia. Ninguén en Torroso non coñece e aprecia a Camilo Grandal e o mesmo sucede con Feli en Tameiga.

Son persoas próximas á veciñanza, que lle tenden a man a diario aos seus veciños e veciñas e que, sen eles, a día de hoxe, ambas parroquias non serían o que son. Camilo e Feli son historia de Torroso e Tameiga, e tamén, e sobre todo, son o futuro de Torroso e de Tameiga; un futuro prometedor e con moito porvir. Camilo Grandal e Feli Rodríguez saben o que é ser Mos”. Destacou sobre os seus compañeiros Nidia Arévalo.

Camilo Grandal Pérez nace no ano 1958 en Torroso. Fundador e Xerente de Artesania Granlei desde 1980, xunto con Inés Leirós. En 1985 forma parte da primeira xunta fundadora do Centro Recreativo Cultural de Torroso, onde no ano 1987 ponse en marcha a Banda de Música Xuvenil de Torroso.

En 2001 fúndase da súa man como principal valedor e promotor, e de maneira oficial, a Escola de Música de Torroso, que pasa a ser conservatorio profesional no ano 2016. Forma parte da Comunidade de Monte de Torroso, creadora do Centro Dotacional Do Medio Rural de Torroso e do recentemente inaugurado Centro de Día O Son Do Regueiro.

Camilo Grandal leva preto de 40 anos de entrega e servizo á súa parroquia, traballando polo ben común da mesma e compaxinando o esforzo que elo supón coa dura tarefa de crear dende a nada unha empresa do sector do téxtil coa que chega a un importante posicionamento, relevancia e volume de vendas. Sempre disposto, sempre entregado aos seus veciños, é o gran referente e representante de Torroso.

Feli Rodríguez Carrera foi a primeira muller mosense (e da comarca da Louriña), da historia, deputada no Parlamento de Galicia. Feli Rodríguez pasou a ser deputada autonómica polo Partido Popular o 14 de decembro de 2020 e o 21 de decembro dese mesmo ano xurou o seu cargo ao comezo do Pleno do Parlamento de Galicia.

Feli Rodríguez Carrera, veciña da parroquia de Tameiga, é a mellor defensora de Tameiga e de Mos no Parlamento e a súa presenza é unha aposta total e absoluta pola muller e a igualdade de xénero. Feli Rodríguez é a primeira muller deputada autonómica da comarca da Louriña no Parlamento de Galicia, só precedida por outro representante mosense, neste caso varón, o ex alcalde Justo José González Ballesta.

María Felisa Rodríguez Carrera nace o 23 de xaneiro de 1964. É Administrativo e iniciou estudos de Dereito na UNED. Profesionalmente leva desenvolvendo actividades administrativas de asesoría máis de 30 anos, tanto por conta propia como allea. A súa gran empatía resulta fundamental á hora de desenvolver traballos en equipo e enfrontarse á resolución de problemas, ámbitos nos que destaca, así como o seu afán de traballo e perseveranza.

Teresa Portela nas II Xornadas Muller e Traballo do CIM
O Concello de Mos e o Centro de Información á Muller organizan as Xornadas “MULLER E TRABALLO”. Son unhas xornadas de formación, educación e sensibilización que se celebrarán os días 19 e 20 de abril no Pazo de Mos en horario de tarde, de 16:00 a 20:30 horas.

Polos perfís tan variados dos profesionais que participan, serán moi completas e interesantes. Pódese aproveitar para expor situacións e preguntas concretas que a todos/as nos axuden a coñecer mellor a situación laboral, os dereitos das mulleres e como poder exercelos.

Na xornada inaugural, o día 19 de abril, contarase coa presenza da medallista olímpica Teresa Portela e o presentador deportivo da TVG, Terio Carrera. Esa primeira tarde a sesión comezará ás 16:00 H cunha charla sobre dereitos laboráis, excedencia por coidado de fillos/as segundo homes e mulleres, excedencias por coidado de familiares dependentes, e reducións de xornadas a cargo da ponente Beatriz Lago (Avogada).

Ás 16:50 H falarase sobre a carga mental, síndrome BURNOUT: a tarefa invisible das mulleres, a culpabilidade e o benestar emocional, como afecta á saúde a carga mental, estratexias para repartir o peso do foga…. Conducirá a charla Fernando Tellería (Psicólogo).

Logo chegarán as intervencións institucionais a cargo de Elena Mancha, Directora de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e de Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos. E de seguido, será a mesa redonda con Teresa Portela (deportista) e Terio Carrera (xornalista) sobre conciliación e corresponsabilidade: os valores e a corresponsabilidade, os valores que lle ensinamos aos nosos fillos/as coa nosa actuación, educar no modelo de corresponsabildidade, e métodos para evitar conflitos coas tarefas do fogar.

Esta primeira xornada culminará ás 19:10 H co inicio da charla sobre muller e discapacidade: dobre discriminación no acceso ao traballo.

TERESA PORTELA, Subcampioa Olímpica en Tokio 2020. Primeira muller española en participar en 6 Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Beijing 2008, Londres 2012, Río 2016, Tokio 2020) con 5 diplomas olímpicos, e una medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 en K1 200 metros. Outro dos seus retos conseguidos foi compaxinar a súa carreira deportiva coa súa formación académica, graduándose no Grao de Fisioterapia e Diplomatura de Maxisterio de Educación Física. A todo isto, súmase a súa maternidade, a difícil tarefa de conciliar o traballo coa súa vida familiar.

TERIO CARRERA. Periodista deportivo os últimos 34 anos. Traballa na TVG.

Tamén se contará ao día seguinte, 20 de abril, con ÁGUEDA GÓMEZ SUÁREZ, que falará sobre “O malestar que non ten nome: académicas en tempos de pandemia”. É Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Profesora titular de universidade na área de socioloxía. Doutora en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu o seu traballo de investigación sobre cuestións relacionadas cos prexuízos de xénero na ciencia e a sociedade dixital. Dirixiu dezaoito investigacións como Investigadora Principal e publicou once libros.