
Santiago de Compostela | A continuación reproducimos un novo comunicado enviado pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP):
“O Sr. Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, ataca a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, por “convocar protestas en Galicia contra a Xunta pero non contra o Goberno: é curiosa a falta de obxectividade de certos manifestantes”, dí en alusión ao conflicto entre sindicatos médicos e o Ministerio de Sanidad polo Estatuto Marco. Confunde o que lle interesa confundir: unha folga sindical e de médico/as contra o goberno central por non concederlle aos Médico/as un Estatuto Propio, que supondría unha consideración especial que non se ten cos outros traballadores do Sistema.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi moi crítico este luns 26 de xaneiro coa asociación SOS Sanidade Pública que anunciou unha manifestación o 1 de febreiro en Compostela as 12 h. para denunciar o caos e o colapso que padece a Sanidade Galega, especialmente nas Urxencias, PACs e na Atención Primaria. De feito, acusou a esta entidade de “non ser obxetiva nas súas reivindicacións por non criticar, dixo, ao Ministerio de Sanidade polo seu conflicto cos sindicatos médicos polo Estatuto Marco”. Que terá que ver unha cousa ca outra. Como sempre, divide e vencerás é a máxima dun goberno do PP en Galicia, con 16 anos de orzamentos, que non é capaz de solucionar nin un só dos problemas sanitarios en Galicia. A responsabilidade É SÚA TOTALMENTE (E DO PP), pois temos transferidas as competencias en Sanidade dende o minuto un. Debería ser máis humilde e non dicirlle á Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia o que ten que facer e vixiar que él e o seu goberno, cumpran o que dí a Lei Galega de Saúde, a Lei de Prestacións Sanitarias e a Lei de Incompatibilidades de Galicia. Non cumpre ninghuna!
“(Rueda e o PP) deben cumprir o que dí a Lei Galega de Saúde, a Lei de Prestacións Sanitarias e a Lei de Incompatibilidades de Galicia”
Dí Rueda: “Faime gracia que haxa este tipo de reivindicacións e estes colectivos non sexan quen de dicir nada pola folga de médicos e que haxa que aplazar intervencións por mor disto”, dixo ao ser preguntado polas novas mobilizacións de SOS Sanidade. “É curioso que non haxa reproche a iso…Nós seguimos traballando, pero boto en falta certa obxectividade en certos manifestantes”, insisitu. A AGDSP, xa se manifestou con respecto o Estatuto Marco, pero no que compete a Galicia, concluímos que o colapso, desmantelamento e privatización da sanidade que está facendo o PP, é o único culpable da desatrosa política sanitaria. O da “suspensión de operacións”, sona a chiste para a xente que utiliza a Sanidade Real que él desmantela: as listas de agarda para primeira consulta, para probas diagnósticas e para as intervencións cirúrxicas, NUNCA ESTIVERON TAN DESASTROSAS COMO AGORA.
Sobre a atención médica, Rueda recoñeceu que houbo “días complicados” pola incidencia da gripe, pero que se activou un plan de continxencia e que “ningún galego quedou sen atender porque se fixeron planificación e reforzos necesarios”: claro, “ninguén quedou sin atender” (di él)…o que non dí é cando, onde e como foi atendido! “Plan de continxencia”: a gripe ven todolos anos e o PP o aproveita para dicir que fai, sin facer nada.
Dende a AGDSP seguiremos denunciando a política sanitaria da Xunta do PP que deixa aos máis desfavorecidos sin asistencia e insiste en desmantelar e privatizar a Sanidade Galega. Vémonos o 1 de febreiro do 2026, as 12 h. na Alameda de Compostela (aínda con chuvia e con vento) para dicirlle o ser. Rueda como está a Sanidade Real en Galicia!”




