A 25ª edición da Mostra Artelemos contará con 25 postos

Unha aposta decidida do Concello de Monforte pola artesanía de calidade

Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, deu a coñecer hoxe o cartel e o programa de actividades desta mostra de artesanía consolidada, que se celebrará na rúa Cardenal do 1 ó 6 de agosto e que contará coa presencia de 35 artesáns da comarca de Lemos, así coma doutros puntos de Galicia e de España.

“Con esta mostra contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”, destacou o alcalde.

Ademais do espazo expositivo destinado ós artesáns, contará cunha zona polivalente dende a que se levarán a cabo obradoiros públicos de todas as idades, elaboración de produtos artesanais en directo, e mostras de oficios tradicionais.

“Na nosa liña de goberno”, sinalou José Tomé, “apostamos polo aproveitamento dos recursos do noso territorio, neste caso os nosos artesáns, que coa súa labor do feito a man enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido a nosa cultura e tradicións”.

O horario durante os seis días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 17 a 22 horas, adiantándose unha hora a apertura de stands no horario de tarde con respecto a edicións anteriores, a petición dos propios artesáns.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.