
Ourense | A cidade de Ourense celebrou o chuvioso día 3, unha nova edición da Festa dos Maios, cita de interese turístico de Galicia, cos tradicionais concursos de coplas e maios, cos que dá a benvida á primavera.
A programación iniciouse cun obradoiro de confección de coroas e peiteados. Houbo exposición na Praza de Santa Eufemia e na Praza Maior, e ruada cos cabezudos e xigantes con música tradicional polas rúas. Ao mediodía comezaron os cantos de coplas diante do xurado. Pola tarde as actividades trasladaronse á Praza Maior co acto de entrega de premios e o canto das mellores coplas. A xornada rematou cun concerto de Amancio Prada tamén na Praza Maior. O concurso repartiu 42.000 euros en premios e axudas, en diferentes categorías. O Concello concedeu unha axuda pola participación de 400. 00 € a cada maio presentado.

O xurado acordou conceder estes premios: Premio ao mellor Maio artístico (persoas adultas). Primeiro (1000 €): Óscar López González – O anxo caído. Segundo (800 €): Asociación Cultural Os Lolailos – A ponte romana. Terceiro (600 €): Club Hóckey Albor. Premio ao mellor Maio enxebre (persoas adultas). Primeiro (700 €): Asociación Cultural Amigos da Pita. Segundo (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro. Terceiro (400 €): Asociación Cultural A Galleira. Premio ao mellor Maio infantil. Primeiro (500 €): CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, Celanova. Segundo (300 €): AFA Pia da Casca CEIP As Mercedes. Terceiro (200 €): CEIP Plurilingüe Irmáns Villar
Premio ao Maio creativo. Premio (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro. Premio ás mellores Coplas (categoría de persoas adultas). Primeiro (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro. Segundo (300 €): AFA Manuel Sueiro. Terceiro (200 €): Miguel Anxo González Padilla. Premio ás mellores coplas infantís. Primeiro (500 €): AFA Pia da Casca, do CEIP As Mercedes. Segundo (300 €): CEIP Plurilingüe Irmáns Villar. Terceiro (200 €): CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, Celanova.




