
Ourense | Tres manifestacións sindicalistas celebraronse esta mañá en Ourense capital. Os manifestantes convocados pola CNT, entre outras forzas, sairon ás 11 da mañá da Subdelegación do Goberno, por Curros Enríquez e Saénz Díez ate a Ponte Vella sobre o río Sil e recordaron a situación de Palestina e amosaronse contra o fascismo. “Só unha clase, a clase traballadora”, líase nas pancartas.
A CIG partiu da Praza Maior de Ourense para acabar fronte á delegación administrativa da Xunta na avenida da Habana. Os últimos en sair foron os convocados por Comisións Obreiras e UXT. Partiron desde a Subdelegación do Goberno para acabar tras un percorrido polo centro histórico de Ourense na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CE0)
Entre as proclamas que máis se escoitaron incluíronse as relacionadas cun traballo digno. “Dereitos, non trincheiras. Salarios, vivenda e democracia”, decía os de Comisións Obreiras e UXT. Entre os manifestantes escoitáronse as consignas dos traballadores do sector do téxtil e do calzado, que nestas últimas semanas intensificaron as súas protestas.




