50 anos, 50 voces feministas

Encontro socialista con mulleres da sociedade ourensá

Ourense | As socialistas da Agrupación Municipal de Ourense organizaron un encontro entre a secretaria de Economía da Executiva Federal do PSOE, Enma López, a secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, e a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González, e 50 mulleres da sociedade ourensá de diversos eidos como o empresarial, o sindical, o deportivo, o educativo e mesmo o tecido asociativo da cidade, para intercambiar experiencias e descifrar os retos máis urxentes para o feminismo.

Baixo o nome ’50 anos, 50 voces feministas’, as asistentes sinalaron a necesidade de continuar “movendo os marcos” a nivel educativo, laboral e lexislativo fronte a discursos de odio e machistas que pretenden frear o avance das mulleres durante os últimos 50 anos de democracia.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.