30 anos do IGADI

Foron conmemorados este 1º de outubro no Consello da Cultura Galega
O fundador e presidente de honra do IGADI, Xulio Ríos, durante o seu discurso.

Santiago de Compostela | O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, celebrou este 1º de outubro o acto de conmemoración do seu 30º aniversario, en acto realizado no Consello da Cultura Galega.

O acto estivo presentado polo seu director Daniel González Palau, o seu Presidente de Honra Xulio Ríos, membros do Consello Reitor do IGADI e autoridades públicas e políticas galegas. Fíxose un repaso das actividades do IGADI nestas tres décadas.

Creado en 1991 por Xulio Ríos, o IGADI naceu coa vontade de impulsar o papel internacional de Galicia como “célula de universalidade”, enfocando na súa proxección e acción exterior, na análise e investigación das relacións internacionais e do papel de Galicia no mundo, sempre acompañando o estudo e comprensión dos procesos de cambios no sistema internacional.

O actual director do IGADI, Daniel González Palau, no peche do acto de conmemoración dos trinta anos da entidade.

Entre as súas publicacións máis destacadas están a edición da revista de análise e estudos internacionais Tempo exterior, o IGADI We in the World/Nós no Mundo, o IGADI Annual Report e a colección Texturas Internacionais. Toda vez, o IGADI foi o impulsor do Observatorio de la Política China (OPCh), da Rede Iberoamericana de Sinoloxía, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e da Fundación Plácido Castro, entidades coas que segue a manter unha estreita colaboración.

No acto tamén se presentaron dous libros de homenaxe a Xulio Ríos, “Unha vía de compromiso por unha Galicia Universal”, e outro adicado aos seus estudos sobre China.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.