2.000 usuarios na Biblioteca de Salvaterra dende marzo

Éxito na posta en marcha das tarxetas de usuarios

Salvaterra de Miño | Catro meses despois da inauguración do novo sistema de acceso á Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño xa son máis de 150 as tarxetas entregadas ós usuarios e usuarias que a solicitaron.

O sistema de acceso autónomo a través de tarxeta permite facer uso das instalación nun horario máis amplio para o estudo. A través deste sistema aquelas persoas que precisan estudar ou facer uso do espazo xa o fan accedendo ó espazo coa súa tarxeta.

Dende o pasado mes de marzo cando se puña en funcionamento este sistema pioneiro na contorna foron máis de 2.000 as entradas rexistradas para facer uso das instalacións.

Recordamos que os usuarios e usuarias acceden á Biblioteca Municipal nun horario de luns a xoves de 08:00 a 22:00 horas e de venres a domingo de 08:00 a 00:00 horas.

Para aquelas persoas que queiran solicitar a tarxeta de acceso á Biblioteca poderán facelo a través do formulario que atoparán na páxina web ou ben solicitando dito impreso no propio Concello. Unha vez cuberto deberán presentalo por rexistro ou a través da sede electrónica. Posteriormente entregarase a tarxeta a cada usuario ou usuaria.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.