• Segue conectado
  • |

O recoñecemento do maxisterio galeguizador.

XXV Premios Peña Novo

No patio de armas do histórico castelo de Soutomaior celebrouse o acto da entrega dos Premios Peña Novo. Unha convocatoria que todos os anos congrega a centos de amigas e amigos procedentes de diversos lugares da xeografía galega para testermuñaren a merecida homenaxe e recoñecemento público a aquelas persosas merecentes del polo seu bo facer na dignificación da nosa lingua.

A vixésima quinta Edicións dos Premios Peña Novo recaíron este anos en tres persoas de probada galeguidade en cadansúa actividade profesional.

A don Manuel Bermejo Patiño, profesor eméritos da USC recoñécelles o xurado a coherencia na utilización da lingua galega durante toda a súa vida académica e investigadora. A súa docencia no Departamento de Química inorgánica que dirixíu foi sementeira frutífera entre o seu alumnado. Contribuí á preparación de materiais didácticos para a impartición de materias científicas en galego e unha produción científica de máis de douscentos traballos científicos no noso idioma.
Dona Paz Filgueira Paz, maxistrada do Xulgado de violencia de xénero de Vigo ten no seu haber o meritorio exercicio da súa actividade xurisdicional realizada en lingua galega, ditando milleiros de sentenzas e resolucións no noso idioma. Recoñécelle o xurado o seu dilatado labor a prol da normalización lingüística nun ámbito no que, aínda que semelle paradóxico, a xustiza impártese nunha lingua distinta da maioría dos usuarios que apelan a ela para atoparen protección dos seus dereitos; sendo un deles o de poder dirixirse ao poder xudicial en galego e recibir sentenza no mesmo idioma.

A don Carlos Salgado López, profesor titular do Departamento de Física de partículas da USC e Director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, lóuvaselle o seu compromiso permanente coa lingua galega na súa actividade investigadora, altamente especializada, que o sitúan entre os mellores científicos na súa materia, tanto en España como en Europa. O seu maxisterio é un exemplo a imitar polas novas promocións de científicos que deica agora non consideraban apto o noso idioma para a investigación.

Todos os tres comparten en cadansúa área de coñecemento o prestixio do seu exercicio profesional e un maxisterio teimudo. Velaí a importancia das condutas individuais para superar atrancos ou desleixos institucionais no fomento do noso idioma. Son continuadores tamén dunha tradición que iniciaron outros con anterioridade en momentos de maiores dificultades e sen a protección legal que hoxe ampara o exercicio da galeguidade. Porque temos un marco xurídico que permite o desenvolvemento do exercicio profesional no noso idioma, que defende os dereitos da cidadanía a ser formada e informada en lingua galega.

O profesores Manuel Bermejo, Carlos Salgado e a xuíza Paz Filgueira están a promover un cambio de actitudes na sociedade. Fan posible que ali onde había medo agrome o orgullo de sermos máis nós, e onde había claudicante vulgaridade e sometemento, agora se recoñeza a orixinalidade, que é prestixio e distinción. Eis as razóns para seren merecentes dos galardóns que se lles conceden.


Director da revista Lingua e Dereito. Presidente da Fundación dos premios da Crí­tica de Galicia. Secretario da Asociación de Amigos do Couto Mixo. Colaborador da Enciclopedia Galega Universal e asesor literario da editorial Ir Indo. Fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüí­stica e da Asociación de xuristas en galego. Fundador da Fundación Galicia Empresa. Ademais, fundador da Fundación Lois Pena Novo.
Publicado o 28 Xuñ 2019.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies