• Segue conectado
  • |

Xosé Tomás imparte este xoves un obradoiro de ilustración na Biblioteca Pública Municipal de Tui

É preciso inscribirse previamente na propia Biblioteca. Vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Tui | A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este xoves, 10 de outubro, ás 17.30 h un obradoiro de ilustración a cargo de Xosé Tomás. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro.

Este obradoiro vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos, que se deberán inscribirse previamente, de forma gratuíta, na propia biblioteca.

Xosé Tomás é un dos referentes da ilustración en Galicia. Ilustrador, humorista gráfico, e profesor no Baixo Miño o seu campo de traballo abrangue diversos ámbitos pero a maioría da súa obra sitúase na ilustración para obras de literatura infantil e xuvenil.

A programación do Día da Biblioteca en Tui continuará o xoves, 17 de outubro, ás 18 h, co Bardo Abelardo e o conto cantado “A música da auga” co Bardo Abelardo. Vai dirixido a rapaces e rapazas de ata 11 anos. A entrada será libre ata completar a capacidade do local. Mentres o xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18 h terá lugar a ilustradora, contacontos e animadora da lectura conducirá a actividade “A pirata escarlata”. Nesta ocasión os destinatarios son nenas e nenos de 4 a 11 anos.

Estas tres actividades pertencen ao programa de animación á lectura Ler Conta Moito e ao Pacto de Estado en contra da violencia de xénero.

O programa continuará o sábado 26 ás 12 h cunha Ruta Literaria guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Consistirá nun percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses, lembrando a súa traxectoria e as súas obras. Os interesados teñen que estar ese día un pouco ante das 12 h na biblioteca onde comezará a ruta.

Ademais destas actividades do luns 21 ao domingo 27 de outubro a Biblioteca Municipal tudense ofrecerá un agasallo de libros, descatalogados ou procedentes de doazóns, a todos os usuarios que se acheguen ata este centro bibliotecario.

Publicado o 8 Out 2019 en Portada, Tui, Xuventude.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies