Vigo é castigado a pagar 35 millóns de euros polo seu auditorio

Os galeguistas acusan ao alcalde como, como máximo responsable, da concesión municipal sobre o auditorio de Vigo

Vigo/CxG | Xoán Antonio Cortés, secretario local en Vigo da forza política galeguista, traslada a sua preocupación polos custes que poderia supor finalmente esto para as finanzas municipais. Unha situación da que deben responsabilizarse desde o goberno local, xa que no 2012 ampliaron a concesión á actual empresa aos 60 anos, sabendo da situación de mala xestión e crise económica que atravesaba a mesma.

O descontrol municipal e a nula fiscalización sobre as concesións municipais leva a que o actual poder municipal sosteña a súa acción sobre acordos opacos

“É imposible que teñamos que ser agora os habitantes de Vigo os que teñamos que asumir os custes de esta mala xestión empresarial, da que tamén teriamos que ver responsabilidades políticas” afirma Xoán Antonio Cortés, que tamén indica na necesidade de controlar este tipo de concesións municipais, que sen a correspondente fiscalización poden acabar nun desastre, como é este o caso.

Polo momento o concello cifrou en 35 millóns de euros o rescate da concesión municipal do Auditorio Mar de Vigo, un custe derivado dunha mala xestión e que parece ser que non terá ningún prezo político para o goberno que no 2012 concedeu a concesión ao actual concesionario.

Desde este punto de vista os galeguistas esixen moito mais control sobre as concesións e a sua remunicipalización no caso de detectar incumprimentos dos pliegos, ao tempo, que esixen auditorias sobre as concesións municipais da auga e do transporte público, sobre as que existen indicios de acordos ópacos para manter ao actual alcalde no poder.

Un entorno urbano sintomático do Vigo deseñado por Caballero, de moitas luces e moitas sombras. As cercanías do Auditorio Mar de Vigo seguen a ser unha zona que máis semela unha lixeira que un entorno urbano

A zona está degradada, urbana e socialmente, sendo un foco de prostitución e tráfico de drogas coñecido na cidade sen que desde o Concello teñan tomado medidas.
É lamentable, sinalan desde Compromiso por Galicia, o estado no que se encontra a propia contorna do auditorio do Mar de Vigo, nunha zona urbanisticamente degradada e de inseguridade para os cidadáns que pola mesma se acheguen; beirrarúas en pésimo estado, falta de alumeado público,.. e sobre o que o concello non tomou medidas para a mellora da zona. Unha zona de prostitución e trapicheo de drogas, con colexios e instalacións deportivas a poucos metros.