• Segue conectado
  • |

Verdades sobre o terrorismo islamista.

Cadernos da viaxe.

Para enxergarmos a realidade do terrorismo yihadista cómpre enfrontar as solucións dende a perspectiva europea, desenvolvendo a escalas continental e local todas as actuacións de represión e prevención a curto prazo que sexan compatíbeis co Estado de Dereito e co contido esencial das liberdades. Urxe, neste senso, transformarmos a Europol nun auténtico FBI europeo que coordine as respostas de intelixencia ao terrorismo na Europa toda. Mais non haberá solución global e europea sen modificacións substanciais nas políticas de inclusión dos residentes musulmáns na Europa e sen unha remuda substancial das políticas exteriores europeas.

A case totalidade dos terroristas actuantes na Europa non son refuxiados da guerra de Siria, senón nacionais europeos ou, cando menos, residentes estábeis. Na súa conversión en terroristas adoita ser decisivo o discurso dalgunhas mesquitas adoito financiadas polo diñeiro saudí. De feito, wahabismo e dinastía saudí son inseparábeis dende o século XVIII e a aplicación radical da sharia e o concepto de yihad son semellantes en cadansúas cosmovisións do réxime saudí e do Estado Islámico. Arabía Saudí é socio comercial privilexiado do Estado español no que atinxe á merca de armas, construción de infraestruturas e venda de petróleo. Os intereses comerciais de determinadas grandes empresas españolas son alí moi importantes e mesmo o anterior Xefe de Estado foi quen garantiu a subministración de petróleo saudí naqueles anos 1977 e 1978. Por qué non se curta o financiamento saudí a moitas mesquitas españolas?

Por outra banda, o apoxeo do Estado islámico veu da mán da intervención militar USA, secundada polo Reino Unido, ao destruir a ditadura de Saddam Hussein en Iraq e financiar a oposición islamista á ditadura siria de Bashar al Assad. Os intereses petrolíferos occidentais preferiron Estados faliidos que remataron co apoxeo dun Estado Islámico que vendía barato o petróleo de Mossul a través de Turquía. Unha Turquía que tampouco quere destruir de todo aos yihadistas, porque non quere un Kurdhistan forte, reunificado e independente.

Non pode haber loita eficaz contra o yihadismo sen actuar sobre estes parámetros. Compre analisalos polo miúdo e non mercarlle aos de sempre explicacións islamófobas de todo a cen.


Advogado. Colabora en varios medios galegos.
Publicado o 20 Ago 2017.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies