Varrer o PPdG.

Este é un soño longamente acariñado pola xente que ama Galicia, pois o Partido Popular traballa para a súa aniquilación e destrución como realidade diferenciada, traballa para que o noso idioma se extinga sen facer ruído, traballa para que o Estado siga espoliando os nosos recursos e siga manténdonos na sumisión e na dependencia, traballa para impedir que Galicia prospere (importándolle un pemento que a mocidade siga emigrando), traballa para impedir que a nosa patria sexa ceibe e soberana, para impedir que sexa digna. Son unha peste e só buscan o seu beneficio persoal. Son o cancro do país, os máximos responsábeis da destrución do noso medio ambiente, os que esmagan ou arrincan de raíz a dignidade galega. Os que traicionan o pobo, covardes e sumisos cos poderosos e prepotentes e desleais cos humildes. Católicos de misa semanal que non dubidan en humillar ao pobre e lamberlle o cu ao rico. Caciques que renegan do noso idioma e da nosa cultura. Espertos en toda clase de trampas e argucias indignas. Aliados e soporte do fascismo e imperialismo españois. Quixeron enfrontar a Galicia con Euskal Herria e agora queren enfrontala con Catalunya. Se fan algo por Galicia é fume ou unha esmola. E, por se fose pouco, aínda presumen de seren galeguistas e demócratas; porque son expertos en facer o paripé. Mala centella vos coma!

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.