• Segue conectado
  • |

Tui contará con tres novos policías locais a comezos de 2020

Arestora completan a súa formación na Academia Galega de Seguridade. Este verán realizarán prácticas na cidade

Tui | O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e a concelleira de Emprego, Mila González, déronlle hoxe a benvida a tres novos membros da Policía Local de Tui. Foron seleccionados pola Academia Galega de Seguridade Pública, e previa a súa incorporación en Tui terá que continuar a súa formación na Academia. No verán realizarán xa prácticas no Concello, e completarán a súa formación de novo na AGASP. A comezos de 2020 incorporaranse xa de forma definitiva coma membros do corpo da Policía Local de Tui.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que deste xeito seguen dando os pasos precisos para reestruturar e mellorar o concello e o servizo que se presta aos cidadáns.

Publicado o 25 Mar 2019 en Portada, Seguridade Cidadá, Tui.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies