• Segue conectado
  • |

Traballos de mellora da seguridade vial no PPI-VII e no polígono de a Granxa

O Porriño | A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, está a acometer as obras de renovación da seguridade vial do Polígono de A Granxa e do PPI VII, co pintado da sinalización horizontal e a substitución da sinalización vertical nos mesmos.

“Na actualidade estas vías atópanse, en xeral, en mal estado de conservación, coas marcas viais case totalmente borradas e os sinais verticais, ou ben moi deteriorados ou, directamente, inexistentes, o incide na seguridade dos vehículos e peóns”, subliña Manuel Carrera.

O obxecto destes traballos, que contarán cun orzamento aproximado duns 70.000€ e un período total de execución duns dous meses, abrangue a mellora integral da sinalización horizontal, coa delimitación de illas, carrís e pasos de cebra, e a renovación total dos sinais verticais, “tendo coma eixe esencial a seguridade vial á que se suma a reordenación do tráfico e a mellora da fluidez do mesmo”.

Manuel Carrera salienta que para completar a sinalización seguíronse os criterios establecidos polo Ministerio de Fomento e a Dirección Xeral de Obras Públicas e engade que o labor comprende o vial principal que conecta a parte norte e sur do PPI-VII coa estrada provincial EP-2405, así coma outra estrada anular na parte sur e, no que se refire ao Polígono de A Granxa, un total de 5,5 quilómetros de lonxitude das rúas Paralela 3, de 1.950 metros-, rúa As Gándaras-1.020 m.-, Cíes-490 m.-Ons-200 m.- San Simón-250 m.-Sisagras-280 m.-Sálvora-120 m.-Tambo-550 m- e A Tolda-270 metros-.

Publicado o 25 Xan 2018 en O Porriño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies