“Traballamos para a desestacionalización da nosa oferta gastronómica e turística”

Horacio Gil Exposito | Alcalde de Arbo

A lamprea xa leva algún tempo como reina das Festas nesta temporada. Os portugueses comenzan algo antes. Nestes momentos hai peticións das dúas riberias para que a tempada comence a primeiros de xaneiro. A finais do próximo mes de abril celebrarase en Arbo, capital da lamprea, a LVII Festa da Lamprea. Tivemos unha pequeña conversa co Sr. Alcalde, para falar disto e doutras cousas de actualidade.

-Sr. Alcalde, recentemente a Festa da Lamoprea de Arbo foi declarada de Interese Turístico Nacional. Que supón este recoñecemento?

-Este feito, evidentemente, supón un recoñecemento moi importante e merecido para todos os veciños e veciñas de Arbo, para os pescadores, para os restauradores, os cociñeiros e cociñeiras; para todos os adegueiros, os agricultores, polo traballo ao longo destes 56 anos (este ano celebramos a LVII edición da Festa). Tamén supón a posta en valor da gastronomía e da viticultura do noso concello por ser pioneiras neste nicho industrial arredor do turismo. Os primeiros organizadores que puxeron en marcha esta festa xa tiveron a visión de que estes recursos propios que tiñamos como a lamprea e o viño contribuirían a situar a Arbo no mapa. Foron pioneiros da utilización deste recurso como oferta económica e turística.

– Que esixencias pide o organismo que concede esa importante cualificación?

-Valóranse varias cousas: o arraigo dfa Festa no propio concello; a importancia da festa en relación a outras festas gastonómicas e tamén a presencia da propia festa nos medios de comunicación tanto galetos coma do resto do Estado polo recoñecemento que isto supón para a propia festa. O feito de que durante 57 anos ininterrumpidos se celebre a Festa da Lamporea en Arbo.

-A xestión deste recoñecemento como se xestiona?

– É un expediente que elabora o propio concello, que traslada ao departamento de Turismo da Xunta de Galicia; ali, unha vez estudiado e valorado, se lle consideran méritos suficientes, fano chegar ao

-Alcalde, vde. xa peitea ruzas na política local de Arbo. Como analiza o desenvolvemento da política económica de Arbo en función da súa gastronomía?

– Pois, evidentemente, nestes últimos 25 anos houbo un desenvolvemento importante arredor da Festa da Lamprea cun primeiro recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia e agora co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional. Estes dous feitos provocaron un importante desenvolvemento do noso sector turístico, sobre todo no eido da restauración e do sector turístico rural. Este ano implantáronse en Arbo novos restaurantes e tamén unha mportante ofera en turismo rural.

Contamos cunhas cinco casas que ofrecen plazas de turismo rural cun nivel de servizos e de calidad de oferta turística alto e importante. Dende un albergue ata casas de turismo rural propiamente ditas. Tamén conlevou un importante desenvolvemento do sector vitivinícola. A superficie adicada a viñedos hoxe en día é moi superior á existente 25 anos atrás. A construcción de novas adegas que elaboran uns excelentes viños que os pioñen nos mercados nacionais e internacionais.

-Sen embargo, Alcalde, terá que admitir que a situación do sector da hostelería non está pasando por un bo momento, sobre todo o resto do ano.

-É verdade que a situación está mal en calquera dos sectores de que falemos; o da hostaleria non ia ser unha excepción. Por esa razón estamos traballando para desestacionalizar a oferta turística e gastonómica ao longo do ano. Aí está a Festa da Lamprea seca para que non sexa só de xaneiro a maio senón que se extenda a todo o ano. A oferta de turismo rural tamén fai que no verán veñan moitos turistas a desfrutar das súas vacacións no noso concello. Estamos a promocionar de maneira potente os nosos recursos tantos patrimoniais coma paisaxísticos e gastronómicos para conseguir que Arbo tamén sexa un punto de interese turístico todo o ano. En colaboración coa Dirección Xeral de Turismo fixemos a Ruta da lamprea ou os trens turísticos que tiveron unha boa aceptación e neste ano vaise continuar con eles.

-Parece que os portugueses neste asunto leven anos cunha visión máis avanzada. Eles, durante todo o ano, teñen movidas, historias, constantemente… verán e inverno. Na nosa zona vexo menos arranque . É por que hai poucas axudas?

– Arbo é un concello que ten unha poboación de tres mil cincocentos habitantes, evidentemente a disponibilidade presupuestaria que temos para promoción e posta en valor dos nosos recursos son limitadas, pero afortunadamente contamos co importante apoio da Direción Xeral de Turismo que está a apostar moi forte polo turismo rural de Galicia e concretamente no noso concello hai unha posta en valor importante recuperando o valor das pesqueiras, coa creación desa Ruta da Lamprea na que temos postas moitas expectativas. A Ruta da Lamprea abarca todos os concellos galegos nos que hai lamprea. Aquí veñen de facerse traballos de recuperación das pesqueiras para que sexa accesibles a visitantes que veñen durante todo o ano. Somos moi afortunados de contar con este patrimonio único que forman as pesqueiras que xunto co río e as paisaxes dos arredores do río conforma unha razón moi atractiva para que a xente veña á Arbo. Tampouco podemos deixar de lado o atractivo dos deportes de risco como é o rafting que se practica no rio Miño. Aquí temos dúas empresas dedicadas a esta actividade deportiva e tamén estamos creando novas rutas de sendeirismos.

-Podemos pensar que ten moito que ver con todo iso que me contas o feito de que a Directora Xeral de Turismo da Xunta sexa destas Terras, de Ponteareas?

-Evidentemente entendo que a Directora Xeral teña unha sensibilidade especial por Arbo como a ten por outros moitos concellos do rural galego. Sei que trata de que recuperemos un desenrolo sostible en progreso.

-Para rematar, Alcalde, que pasa cos montes de Arbo?

Pois, desgraciadamente, Arbo veuse afectado o ano pasado por un terrible incendio que arrasou o 70 ou 80% da masa forestal do concello. Non foi o primeiro incendio que sufrimos pero este do pasado ano alcanzou unha proporcións como nunca acadara. Sufrimos situación de risco moi moi severas. Non lembro un incendio desa magnitude. Evidentemente, dentro da desgraza de vernos gravemente afectados por ese incendio, teño que manifestar o meu agradecemento polo traballo que dende a Consellería de Medio Rural estase a facer non só na nosa zona senón noutras zonas de Galicia para a recuperación das zonas afectadas.

Grazas, Alcalde. Que a Festa da Lamprea sexa todo un éxito e que Arbo acade os niveis de benestar que as xentes destas terras se merecen.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»