• Segue conectado
  • |

Tomiño e Cerveira relatan con éxito a súa experiencia transfronteiriza no IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos

O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e útil

Tomiño | Os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente, foron os convidados do segundo día do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, celebrado na Coruña, entre 4 e 6 de xullo. O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e de éxito.

Dando continuidade aos encontros celebrados desde 2012 nas localidades de Odemira, Mollina e Punta Delicada, o IV Encontro Ibérico ten como obxectivo ser un espazo de intercambio das diversas experiencias dos Orzamentos Participativos aplicados en toda a Península Ibérica e illas, así como nalgunhas cidades da América Latina.

Ao longo de tres días, o encontro desenvólvese entre conversas abertas, reunións de traballo, workshops, conferencias, mesas redondas, presentación de libros e mesas de experiencias. E foi nesta vertente que o alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, foron convidados pola organización a compartir e testemuñar a experiencia do Orzamento Participativo Transfronteirizo, que xa vai na segunda edición, e cuxa adhesión creceu significativamente.

Tanto a alcaldesa de Tomiño, como o presidente da Cámara de Cerveira, explicaron que a cooperación transfronteiriza permite aproveitar equipamentos comúns e levar a cabo proxectos que de forma unilateral, non serían viables. “Para nós, o OPT é un medio para fomentar a implicación entre as dúas comunidades veciñas”, comentou Sandra González.

Como resultado deste traballo de reflexión en común do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, o Concello da Coruña na calidade de organizador da iniciativa, en estreita colaboración cos socios, pretende avanzar cunha axenda compartida, dando continuidade á democracia participativa.

Publicado o 16 Xul 2018 en Norte de Portugal, Vila Nova de Cerveira.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies