• Segue conectado
  • |

“Temos que darnos conta da nosa potencialidade como país productor de enerxías limpas”

Para Compromiso Por Galicia estamos na hora de dar o salto para a descarbonización con todo o que suporía na creación de empregos da "economía verde"

Vigo/CxG | Os galeguistas levaran a Madrid e a Bruxelas o necesario cambio de modelo enerxético que en Europa temos que levar adiante e no que Galicia ten que aproveitar para ser punteira nestas novas tecnoloxías.

Daniel Lago, candidato nas listas do Senado pola formación galeguista aposta por un modelo que non sexa dependente dos combustíbeis fósiles, xeralmente importados de zonas do mundo con alta inestabilidade social e política ou directamente de ditaduras onde non se respectan os dereitos humanos”.

Para o candidato ao senado, Daniel Lago: “Galicia pode ser punteira, líder no mundo, destas novas tecnoloxías, que tamén teñen que comezar a introducirse no transporte marítimo, onde vivimos nun mundo onde o tránsito marítimo é cada vez maior e do que nós, habitantes de Galicia con mais de 1200 km de costa, somos conscientes da contaminación directamente por vertidos de aceites e gasóleos nas nosas costas”.

Publicado o 23 Abr 2019 en Política, Portada, Vigo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies