• Segue conectado
  • |

Santiago volve sumarse á campaña internacional “Quere o teu mercado”

A sala de usos múltiples da Praza de Abastos acolleu hoxe a presentación da acción que a cooperativa da Praza e o Concello impulsan durante este mes de maio para fidelizar os clientes do mercado.

Santiago de Compostela | Nesta ocasión, o Concello promove a campaña Ama o teu mercado mediante o sorteo de 15 bonos de desconto de 50 euros para trocar en calquera posto do mercado. A acción comezou o pasado 18 de maio e continuará ata o 28 deste mes, cando se darán a coñecer ás persoas beneficiarias. Terán ata o 30 de xuño para trocar os bonos en calquera posto da Praza.

Un dos obxectivos desta campaña pasa por fomentar a compra de produtos do mercado “frescos, locais, de proximidade e de primeira calidade”, tal e como destacou a concelleira Noa Morales. “A Praza de Abastos –engadiu- é o segundo lugar máis visitado de Compostela por turistas e visitantes, despois da praza do Obradoiro. Pero non so iso, a praza é tamén o lugar de compra de referencia para os veciños e veciñas e por iso campañas deste tipo reforzan o valor que xa de por si ten o noso mercado”.

Adhesión en 2016

O Concello de Santiago adheriuse xa no ano 2016 á campaña Quere o teu mercado, o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, prazas de abastos e federacións e asociacións de comerciantes.

O obxectivo da pasa por destacar o papel dos mercados nas cidades e por potenciar a compra do produto local. Durante a segunda quincena do mes de maio organízanse actividades en máis de 50 mercados de Galicia distribuídos por todo o territorio, co obxectivo de visualizar, promocionar e activar os mercados das cidades adheridas. Así, incentivarase a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

Publicado o 24 Mai 2018 en Portada, Santiago de Compostela.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies