• Segue conectado
  • |

Salvemos ao soldado Ryan!!

Ben. A ver como lle podemos dicir a vdes. que asistimos a un enfrontamento político desigual. É certo que todos os partidos teñen liberdade para expoñer os s eus programas, pero tamén non é menos certo que o equipo gobernante, léase o PP. ten todas as bolas ao seu favor.

Feijóo vese arroupado polos medios que lle son afíns; léase todos os galegos e parte dos estatais. Durante toda a campaña, e xa moito antes de comenzara oficialmente, tiven a curiosidade de anotar as noticias e os artículos de opinión que se atreverán a poñer ao descuberto a mala política de Feijóo. Inútil intento. Hai unha total e absoluta coincidencia en que se Feijóo fixo algo mal feito, se non atendeu ás necesidades dos cidadáns galegos como debera , esa eiva hai que cargala no haber dos outros. Poden ser os de Bruxelas, os de Madrid (cáseque nunca) ou , ainda máis, todo se debe á herdanza que lle deixou Zapatero, tanto no Estado Español coma en Galicia o gobernó Bipartido do PSOE-BNG. Os medios de comunicación (escritos, televisivos, radiofónicos, levan meses, dende o pasado ano polo menos, cunha entrega total e absoluta á “causa Feijóo”.

É curioso observar como nunha páxina dun xornal calquera podemos ler, con toda claridade, que en Galicia a miseria ten aumentado unha barbaridade; que os xovens que teñen que emigrar aumentan cada ano; que os avós/oas deben facerse cargo dos seus netos/as para que non pasen fame, nin eles nin os seus pais; que as demandas de praza nos comedores sociais aumentan dunha maneira exponencial, e así ata o infinito. Pero, curiosamente, nese mesmo xornal comprobamos coma se amplifican dunha maneira vergonzante, con titulares a tutiplé, calquera cousa que 0 goberno, cunha exposición fotográfica fora de lugar, acaba de inaugurar, publicar no DOGA ou simplemente ofertar sen compromiso algún de execución.

O montante total de inversións ofertadas durante este ano, cun presuposto pechado e sen posibilidades de modificar, é moi superior a todos os compromisos que o gobernó de Feijó ten plasmados nos orzamentos de todos os últim os anos. Sen que se lle caia a cara de vergoña paséanse polos distintos concellos uns papeir baixo o brazo que son, iso ér o que afirman, proxectos, oramentos, de obras que se comprometyen a reqlizar nun prazo de poucos mesesw; é dicir, durante o que falta de ano. Inversións que os distintos alcaldes e colectivos sociais veñen esixindo nos últimos anos, de pronto, se explicar de onde van sair os cartos, son comprometidos con todo tipo de detalles polos representantes da Administración. Poden ser arranxos de centros escolares co curso xa avanzado e que ata agora resultaba imposible solucionar neste ano; poden ser axudas á beneficiencia que foron recortadas escandalosamente nos últimos anos; poden ser aumento de becas para astudantes que dician xa non era posible aumentar, et. Etc. O que vdes. queiran. Aquiklo de que se non teñen rio nos prometen a ponte a nos ofrecen o rio que non temos, é unha constante vergonñenta nos últimos meses. Pero non busquen vdes. un xornal que denuncie con titulares esta política trampa do equipo de gobernó. Todo o contrario; verán vdes. aos políticos de turno acompañados de supostos funcionarios implicados no tema a resiolver e, por desgracia e vergfoña allea, tamén acompañados por alcaldes que saben é mentira todeo om que agora lles prometen e se prestan a este xogo asqueroso.

Un dia sí e outro tamén, poderán vdes. comprobar contando polos dedos, como facian as nosas avoas e avós, a desproporción asquerosa entre as manifestacións dos representantes políticos da Oposición e o que din, ás veces simples chorradas, calquera membro do gobernó actual.

As enquisas son unha auténtica vergoña. A súa función principal consiste en endulzarllela a boca aos pequenos partidos da Oposición co caramelo de que van estar no Parlamento, de que van a ser decisivos, que teñen que movilizarse. Puidera parecer que o obxectivo non é para favorecer a Feijóo, pero se coñecen os istema de adxudicación da actas daranse conta que todos os votos que quiten pequenos partidos e non cheguen ao mínimo do 5% para adxudicarlle acta de deputado, van favorecer sempre a lista máis votada que, todos sabemos vai ser o PP en todas as circunscripción electorais. O asunto é facernos ver que estamos preteño de conseguir un deputado; que se nos esforzamos un chisco e movilizamos aos nosos simpatizantes podemos chegar ao Horreo. Este prantexamente sibilino vence ofertando cada día que pasa e cada vez con maior insistencia.
As enquisas non se deteñan a observar e informar que un elevado % de votantes ainda non ten decidido o seu voto; que se eses votantes que non son proclives a votar a Feijóo foran ás urnas o PP pederianas eleccións por goleada. Non, isto non interesa destacalo; hai que manter acesa a chama de que o PP vai gañar por pouco e que todos os demáis poden gañar tamén. Así deste xeito o repaerto de votos da Oposición resulta determinante para que gañe o PP.
Imaxinen vdes. que as enquisas nos dixeran que fagan o que fagan os votantes das pequnas formacións non van conseguir nada: Neste caso poderia darse o fenómeno chamado do “voto útil” daqueles votantes que sabendo nada vaim conseguir o seun partido e querendo desaloxar a Feijó da Xunta poderian inclinarse a votar aos partidos que teñen máis posibilidades de facelo. Non, isto non interesa facelo. Hai que telos engañados cun posible caramelo en forma de acta de deputado(a para que non se inclinen por esta opción.
Se aquí tiveramos unha segunda volta para votar este fenómeno xa non se daría. Cada quen saberia como apoiar aquela opción plítica que máis se apoximara ás sáus esixencias políticas ou, simplemente, se quedaría na casa se non estivera disposto a darle o seu voto a organizacións políticas que están lonxe do seu modelo de sociedade.
Aquí xogámolo todo a un só partido. O campo de xogo determinado de antemán; as reglas de xogo son establecidas polos de sempre; os árbitros, de campo e de línea, xa saben a quen teñen que pitarlle falta e cando.
Lémbranse como a xente da por feito que se o Mardri ou o Barcelona estiveran no final da Liga lonxe dos primeiros postos xa se encargrian os árbitros de pitar faltas ao borde da area, ou penaltis inexistentes; pero eses equipos, e algún máis, teñen que rematar a Liga sendo os mellor situados da tabla. En política este traballo fano os medios de comunicación que , actualmente son tóxicos, alienantes de desinformantes.
Que vdes. o boten ben, con B ou con V. Como gusten.


Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»
Publicado o 15 Set 2016.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies