• Segue conectado
  • |

Salceda de Caselas pecha o exercicio económico de 2016 coas contas con Superavit Orzamentario, Aforro Neto e capacidade investidora

A débeda coas entidades financieiras reducíuse en 254.000 €, sitúandose a finais do 2016 nun 20% dos ingresos correntes dun ano.

Superavit Orzamentario Salceda

Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas acaba de pechar as súas contas do exercicio pasado e dar conta das mesmas no Pleno a través do documento de liquidación do orzamento do 2016.

Os resultados económicos que o Equipo de Goberno de Movemento Salceda fixo públicos reflicten unha situación de Estabilidade Orzamentaria, dando cumprimento ó establecido na Lei Orgánica 2/2012. Deste xeito a situación financieira permite facer fronte ós gastos correntes e de capital, obtendo unha capacidade investidora de 1.038.505 €, situación calificada como de equilibrio en termos de capacidade de financiamento municipal.

Constátase tamén o cumprimento da “Regra de Gasto” con respecto ó exercicio económico anterior polo cal o Concello de Salceda non superou o seu gasto en máis do estipulado polo Estado segundo o crecemento do PIB fixado polo Estado.

Pola diferenza dos ingresos de 4.889.287 € e de gastos de 4.506.429 € obtense un resultado orzamentario que segundo constata o informe da interventora municipal ascende a 382.858 € de Aforro Neto. Por outra banda o remanente negativo de tesourería mellora con respecto ó exercicio anterior en 413.692 €, o que permite unha maior solvencia e capacidade económica para o Concello.

José Luis González, Concelleiro de Facenda: “Os datos ó peche do exercicio 2016 melloran substancialmente. Conseguimos estabilizar as contas do Concello e reducimos a débeda municipal considerablemente o cal nos da marxe de actuación financieira, xa que cumprimos cos obxectivos que marca a Lei en materia económica e de Estabilidade”.

Marcos Besada: “Aínda estando gobernando en minoría e sufrindo recurtes constantes dende outras administracións, seguimos a traballar e a conseguir día a día manter os servizos básicos para a nosa cidadanía. Estas contas son o froito de desenvolver unha política responsable de control económico e de xestión rigurosa dos recursos municipais”.

Publicado o 26 Mai 2017 en Salceda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies