• Segue conectado
  • |

Salceda contrata a trece persoas en situación de desemprego

Salceda de Caselas | O Concello de Salceda contratará, dende o vindeiro venres 31 de marzo e ata o 31 de decembro, un total de 13 veciñas e veciños en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

As prazas que se van cubrir, son as de 1 animador sociocultural, 1 orientadora profesional para a inserción, 2 albaneis, 4 persoas de limpeza, 2 desbrozadores, 1 condutor de camión, 1 administrativa e 1 técnica de administración local. Segundo o previsto, os contratos irán dende o 31 de marzo ata o 31 de decembro de 2017.
A Concelleira de Formación e Emprego e primeira tenente de alcalde do Concello de Salceda, Loli Castiñeira, sinalaba a importancia desta nova quenda de contratacións “que contribuirán a paliar a dura situación que viven moitos dos nosos veciños e veciñas que están en situación de desemprego”.

Por outra banda, as contratacións servirán para dar cobertura ás demandas da veciñanza, cubrindo as necesidades dos servizos básicos xestionados dende o propio Concello, tanto dentro como fora das instalacións municipais.

O Equipo de Goberno destacou a transparencia de todo o proceso, así como a igualdade de oportunidades. Mostra delo é que das 13 persoas contratadas solo unha traballou previamente no Concello de Salceda, sendo as 12 restantes a primeira ocasión en que teñen oportunidade de formar parte da plantilla municipal.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “a partir do venres 13 veciños e veciñas de Salceda contan con unha oportunidade de traballo moi necesaria en cada un dos casos. A transparencia coa que se levou a cabo todo o proceso garante que as persoas seleccionadas sexan merecedoras do posto, e que accedan ao mesmo en igualdade de oportunidades co resto de candidatos/as”.

Publicado o 30 Mar 2017 en Salceda, Traballo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies