• Segue conectado
  • |

Remata o proxecto do ERASMUS+KA2 que involucrou a máis de 600 alumnos e alumnas de Ponteareas

Durante tres anos o alumnado de Galway e o de Ponteareas afondaron na lingua galega e no gaélico e crearon unha app, un libro e un vídeo que presentarán no marco da Feira do Libro de Ponteareas

Ponteareas | A concelleira en funcións de Ensino, Cristina Fernández, e as docentes Manuela Rodríguez do IES Barral, de Teresa Rodríguez do IES Val do Tea e de Beatriz Meijide do IES Pedra da Auga asistiron na fin de semana a reunión transnacional enmarcada no programa europeo ERASMUS + KA2 que se celebrou en Tuam (Galway-Irlanda). Con este encontro poñen fin a un proxecto no que máis de seiscentos estudantes achegáronse a lingua galega e ao gaélico para revalorizalas e afondar nas dúas culturas.

En Dublín a concelleira e as profesoras reuníronse coñeceron as novas instalacións do IES Archbishop McHale da vila de Tuam, condado de Galway e reuníronse ademais, coa coordinadora do proxecto Deirdre Foley, tamén con Miguel Losada para estudar futuras colaboracións e co asesor de educación da embaixada de España, Adolfo Carbón, o sábado.

Na súa viaxe aproveitaron para buscar contactos de centros que teñan como lingua estranxeira o castelán e poder así emprender proxectos conxuntos.

Cristina Fernández destaca a experiencia adquirida e as vivencias do compartido no intercambio entre as familias de Galway e as de Ponteareas.

“Continuar apoiando proxectos nos que se colabore con centros de diferentes países está entre as miñas prioridades porque son positivos tanto para o alumnado como para o profesorado e no caso dos intercambios, mesmo para as familias sendo sempre unha boa fonte de aprendizaxe práctico”, explica a concelleira.
Todo este traballo está recollido en leccións que se poden consultar nunha app creada no marco do mesmo proxecto dispoñible cun código QR.

Ademais, o alumnado escribíu un libro que será editado nas vindeiras semanas, unha ficción que tamén será teatralizada e grabada en vídeo e que presentarán no decorrer da vindeira edición da Feira do Libro de Ponteareas.

Publicado o 10 Xuñ 2019 en Educación, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies