• Segue conectado
  • |

A recollida de sinaturas a favor de Cíes chega a Balaídos tras superar os 10.000 apoios

O Concello iniciou este luns a campaña no Estadio Municipal. Abel Caballero destaca a implicación cidadá e anuncia o comezo da captación de voluntarios para promover a candidatura á Patrimonio da Humanidade.

Vigo | A recollida de sinaturas en favor da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade chegou este luns ao Estadio Municipal de Balaídos coincidindo co partido que disputarán o Celta e o Betis. Tal e como anunciou o alcalde, a iniciativa estará presente en todos os eventos deportivos que celebre o equipo vigués en Balaídos.

“Temos xa miles e miles de sinaturas, é raro que nas pequenas casetas que poñemos para recoller apoios no haxa colas continuas”, explicou Abel Caballero antes de sinalar que neste momento a campaña xa excede “de longo” as 10.000 sinaturas, recollidas en Gran Vía, Príncipe e a través da web.

A campaña chegou este luns á lonxa do Concello de Vigo e nos vindeiros días tamén pasará pola Porta do Sol, Montero Ríos, Mercado de As Travesas, Avenida Castelao-Alcampo, Centro Comercial Gran Vía, Centro Comercial Travesía, peonil do Calvario e Bouzas.

O rexedor tamén anunciou que xa comezou a campaña de captación de voluntarios para a promoción da candidatura e destacou a implicación dos vigueses “xa que é un motivo que alegra a toda a cidade”.

Publicado o 29 Xan 2018 en Portada, Vigo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies