• Segue conectado
  • |

Presentada a Feira do Requeixo e do Mel das Neves que este ano dobra a súa duración

As Neves | A Feira do Requeixo e Mel deste 2019, a número 28, que se celebra en As Neves, está a abranguer este ano un gran número de propostas que levan sucedéndose varias semanas ate chegar aos días ‘centrais’ desta celebración, que este ano serán dous: o 19 e 20 de abril.

Así o explicou na presentación da feira,este venres, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do presidente de la cooperativa do requeixo do Condado-Paradanta, Alejandro Martínez, e da técnico de Turismo de As Neves, María Francisco.

Un programa ateigado de actividades
O programa ten propostas para o tempo de lecer, para maiores e cativos, para os amantes das tradicións, para aqueles e aquelas que queiran amosar as súa pericia culinaria ou para os e as que prefiran gozar, sen máis, da gastronomía.

Tamén haberá tempo para a música, novas experiencias relacionadas coa elaboración do requeixo e a obtención do mel, para relacionarse coa natureza, para coñecer a cultura e as tradicións de As Neves e para os e as amantes do deporte.

Cumprindo coa tradición, nesta edición os asistentes poderán probar unha nova receita que ten coma base o requeixo: unha ensalada con salsa de requeixo salgada, algas, mexilóns e brotes de mostaza.

Pregón do chef Iván Domínguez
Como xa é tradicional, o ‘día grande’ da feira será o venres 19, ‘venres santo’, no que a mesma quedará aberta ás 11 da mañá, antes de dar paso ao pregón que este ano estará a cargo do chef Iván Domínguez, do restaurante Nado, ‘Estrela Michelín’ e integrante do Grupo Nove.
Como en anos anteriores o pregón consistirá na elaboración dunha receita na que o chef empregará requeixo coma un dos principais ingredientes da mesma.

Ese mesmo día terá lugar a entrega dos premios do II Concurso de Receitas Requeixo das Neves, convocado o martes día 16 e no que paticipan estudantes do Obradoiro de EFA-A Cancela.
Haberá, de seguido, animación musical, a actuación de Circo Chosco, na Praza Maior, para os cativos, e pechará a xornada, no mesmo escenario, o concertó de A Banda das Crechas e Davide Salvado.

O segundo día, sábado 20
A novidade deste 2019 será a suma dun segundo día de Feira que empezará co Kaiak do Requeixo, no río, da man dos integrantes de Paralelo Zero. Seguirá co I Gran Capítulo Cofradía do Tinto das Rías Baixas e continuará co ‘Vermú Musical’ na Praza Maior. O remate da feira será para as rapazas e rapaces coa actuación, xa pola tarde, de Os Meninos, na Praza Maior.

Publicado o 5 Abr 2019 en As Neves, Gastronomía, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies