• Segue conectado
  • |

Presentación de "Vitaminas para o galego" en Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza un acto de presentación do proxecto VITAMINAS PARA O GALEGO, o vindeiro venres, 20 de xaneiro, ás 19.30, na Casa da Cultura de Redondela.

Vitaminas para o galego


Trátase dunha campaña de sensibilización levada adiante por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, Certo.gl, O Sil e Crónica3, e que apoian tamén Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa – Melide), Radio Nordés (Vimianzo), Cadernos de Comunicación e Análise, Hermes e Atenea, Surfgz.com, Disquecool, Cabozo e Vencello. Todos estes promotores son medios e redes sociais que teñen en común a utilización da lingua galega como lingua de comunicación.
O idioma galego necesita axuda, necesita vitaminas que lle dean forza e o impulsen, sobre todo nos ámbitos sociais e comunicativos. Neste proxecto participan os medios que empregan, prestixian e difunden a nosa lingua, o noso xeito de falar, e reivindican o feito de que a pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta
idea xorde o proxecto “Vitaminas para o galego”, impulsado por estes medios en galego e que se centrará en eventos que se desenvolverán en distintas vilas galegas, e nun festival que se celebrará en Santiago de Compostela na primavera de 2012.
Dende o convencemento de que os medios son as VITAMINAS que necesita a nosa lingua para garantir o seu prestixio e o futuro do idioma para as vindeiras xeracións, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza esta presentación e anima a toda a cidadanía a que se achegue e apoie esta iniciativa, e que demande medios en galego para sabermos máis de nós e do mundo que nos rodea.
No acto que se celebrará o vindeiro venres, 20 de xaneiro, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Redondela participarán como relatores: Pedro Telmo (O VAL MIÑOR.INFO), Marcos Pérez (PRAZA PÚBLICA), Henrique Sanfiz (RADIOFUSIÓN), e representantes d’A MESA, PRO-LINGUA e AGAL.
Ademais, como broche de ouro, contarase coa actuación do músico Roi Casal e da cantante Silvia Ferré.

Publicado o 17 Xan 2012 en Lingua, Redondela.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies