Presentación da 53ª Festa – Feira do Xamón

A Cañiza | No día de hoxe celebrouse no Restaurante “Os do Resero” a presentación oficial da 53 Edición da Festa – Feira do Xamón, asistindo a Deputada Provincial da área de cultura, Victoria Alonso, Luis A. Gómez Piña, Alcalde do Concello e os Concelleiros Paula Bacelar e Rubén Muiños, Victor Burgos, Maestro cortador, así como coordinador e Director do VI Curso Nacional de Cortadores de Xamón. Asistiron tamén outros colaboradores da organización, como Jesús Puga Sendín e Manuel Pereira Moreira, máis coñecido como Manolo “O Sastre”. Estos últimos, cunha longa traxectoria na organización da Festa – Feira do Xamón aos que hai que agradecer o seu esforzo e colaboración desinteresada ao longo destes últimos anos.

Durante a intervención do Alcalde do Concello, púxose de manifesto a importancia do microclima co que conta esta Vila, frío e seco, especialmente adecuado para o curado. Iso, unido aos 600 metros de altitude, e grado de humidade e a profesionalidade e bo facer do empresarios do ramo, fixeron que na Cañiza, dende sempre, o xamón alcance un nivel de curación de excepción e sen competencia na comarca.

Luis Piña, explicou que o día 15 de agosto celébrase a 53 Edición da Festa Feira -do Xamón, declarada de Interés Turístico de Galicia, que dende o ano 1.966 congrega nesta Vila a miles de turistas que nos visitan precisamente para degustar este exquisito produto, a través de diversas variedades gastronómicas como son en tortilla, xamón asado, xamón cocido en viño, empanada de xamón, e como prato estrela, o xamón curado.

O prezo da ración será de 5 euros, incluíndo o pan e a bebida. Esta ano, como primicia, contaremos coa colaboración das bodegas cañicenses, polo que todo o viño servido será das bodegas Eido da Fonte, O Torgo e Adega Foxo – Pintelos (Abelán), para fomentar e promocionar os produtos locais. A compra de 5 tiquets, dará dereito a unha botella completa e ao prezo de 2 euros poderase adquirir tamén a copa conmemorativa desta Festa.

O Alcalde resaltou a cantidade de actividades culturais e deportivas que se celebran este mes de agosto, destacando o Obradoiro de Bocata de Xamón do martes 13 e a Máster Class de Corte de Xamón, do día 14 pola tarde, dirixida por Victor Burgos e o mesmo día pola noite, actuación de Luar na Lubre e La Edad del Oro del Pop Español. O día 15, ademáis de diversas actividades culturais e deportivas, pola noite haberá verbena a cargo das orquestras Claxxon e Miramar.

A Deputada, Victoria Alonso, agradeceu aos veciños, colaboradores e ao Concello da Cañiza, o esforzo realizado durante estes anos para manter a Festa do Xamón como unha das máis importantes de Galicia.