• Segue conectado
  • |

Posicionamento das Asociacións Ecoloxistas ao repecto do emprazamento da EDAR de Santiago de Compostela


Santiago de Compostela | A falta de depuración das augas urbanas é un problema ambiental de primeira orde que fai que Galiza incumpra en boa medida a Directiva Marco da Auga e vexa os seus cursos fluviais e rías notablemente deteriorados.

O río Sar leva soportando durante décadas unha depuración absolutamente deficiente, posto que a depuradora actual da cidade de Santiago de Compostela está obsoleta. Isto provoca vertidos constantemente que, en ocasións, se agravan. Ademais, augas abaixo, de novo atopamos outros núcleos urbanos importantes,xa no concello de Ames, que van a outra depuradora claramente infracapacitada para ofrecer unha depuración con garantías.

Por todo o exposto, o potencial ecolóxico do río Sar vese particularmente minguado e traslada un problema e contaminación fluvial á próxima ría de Arousa e, previamente, a todos os concellos polos que discorre e que teñen unha gran poboación nas súas marxes. Dáse a circunstancia de que o río Sar e outros afluentes seus non teñen ningún aproveitamento hidroeléctrico de relevancia, o queposibilitaría a presenza dunha importante fauna piscícola asociada, en particularde especies que para criar migran do mar aos ríos (anádromas) ou viceversa
(catádromas). Este potencial, obviamente, choca frontalmente coa calidade dassúas augas. Aínda así, e tamén debido á existencia de hábitats e especies deinterese comunitario o río Sar está incluído en boa medida na Rede Natura 2000polo que pasa a formar parte da rede de espazos naturais de Galiza.

Por todo o explicado ata agora, as organizacións ecoloxistas ADEGA, AMIGOS DA TERRA, PLATAFORMA POLA RECUPERACIÓN DO SAR, SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL e VERDEGAIA instamos os responsables a tomar decisións que solucionen este vergoñento problema dunha vez, de xeito acorde cos tempos
actuais e consonte a dignidade de nin máis nin menos que a capital de Galiza, sede do seu goberno e destino histórico para millóns de viaxeiros de todo o mundo.

É necesaria a construción dunha estación depuradora que depure o total das augas residuais. Agora ben, entendemos que o prezo que se debe pagar non pode ser calquera. A localización da depuradora ten que cumprir unha serie de condicións: mínimaafección a vexetación, flora e fauna, mínimas emisións de gases de efecto
invernadoiro e menor afección paisaxística; ademais do patrimonio naturalentendemos que as afeccións ao patrimonio cultural e histórico deben ser evitadas. Por esta razón e ante a dicotomía da construción da EDAR no lugar daSilvouta (onde se sitúa a actual) e o lugar de O Souto non cabe ningunha dúbida de que o impacto ambiental, paisaxístico e patrimonial é considerablementemenor no primeiro lugar, unha zona xa alterada e onde as obras son moito menores polo que se aforra en emisións de CO2 durante a fase de construción da
instalación.

O Souto posúe, pola contra, interesantes formacións boscosas, tanto climácicas (carballeiras)como edafohigrófilas (bosques de ribeira) como en rexeneración o que fai que a fauna teña un interese considerable e insuficientemente valorado polo momento. Igualmente, no aso do Souto a diferenza de cotas obrigaría a rebaixar significativamente a cota da instalación o que supón un nivel de emisións de CO2 inadmisible na fase de construción.

O patrimonio cultural e histórico é igualmente significativo nesta localización, cunha gran afección a elementos arqueolóxicos, arquitectónicos e etnográficos, de gran relevancia que non foron tidos en conta no estudo de impacto ambiental.

Por todo o anterior instamos o Concello de Santiago de Compostela e Augas de Galicia a dar os pasos necesarios para, sen perder máis tempo, iniciar as obras de construción da depuradora municipal no lugar de A Silvouta sempre e cando non se atopen solucións que melloren a calidade de toda a bacía alta do Sar como pode ser a creación dunha EDAR comarcal (Santiago de Compostela, Ames e Brión). Instamos, polo tanto, a rexeitar claramente a construción da nova EDAR no Souto, dando os pasos oportunos para mellorar o estado de conservación deste espazo natural e incrementar o seu nivel de protección legal.

Publicado o 26 Nov 2017 en Portada, Santiago de Compostela.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies