• Segue conectado
  • |

Porriño seguirá apoiando de xeito “total” á Asociación Osilice que axuda a traballadores afectados pola Silicose

A doenza ten no Porriño a maior incidencia de España

Silicose

O Porriño | O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, mantiveron este venres unha xuntanza con Juan Carlos Giraldez, representante da Asociación Osilice, que axuda aos traballadores afectados pola silicose e que é a única asociación deste xénero en Galicia.

A xuntanza serviu para que o alcalde accidental confirmase o “apoio total” do Goberno local ao traballo de Osilice que, coma sinalou Juan Carlos Giraldez, ofrece a súa axuda ás persoas que padecen esta doenza que, dacordo co Instituto Nacional da Silicose son o 17,5% dos traballadores das canteiras de Porriño e Ponteareas, preto de 1 de cada 5, segundo os estudos realizados a 440 operarios de 24 empresas da zona.

Coma apuntan os datos desta asociación, preto dun 90% de quen leva traballando máis de 20 anos na canteira ten silicose e aínda que queda moito camiño para acabar con esta enfermidade, principalmente porque hai doentes que non saben que a padecen. Afortunadamente, nos últimos anos, grazas ás novas medidas de prevención produciuse unha notable rebaixa dos riscos de contraer silicose no territorio español.

Na xuntanza, Manuel Carrera e Marcelino Coto reiteraron a disposición do Concello de seguir mantendo unha estreita cooperación coa asociación, considerando que O Porriño é zona de España que ten máis número de afectados pola inhalación de partículas de sílice e que os mesmos precisan orientación á hora de coñecer a enfermidade, un axeitado asesoramento xurídico, orientación para a tramitación da incapacidade, para o cal incorporará nos vindeiros días a un traballador social.

Así mesmo, polo que se refire á asistencia médica, Juan Carlos Giraldez subliñou que Osilice ven de asinar un acordo coa dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro para a mellora do tratamento dos traballadores que presentan síntomas de neumoconiose, ocasionada polo depósito de po de sílice nos pulmóns.

Publicado o 26 Mai 2017 en O Porriño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies