• Segue conectado
  • |

Ponteareas, primeiro concello libre de herbicidas

Aposta por métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes nos espazos públicos e promocionará cursos formativos sobre agricultura ecoloxica.

Ponteareas será o primeiro concello galego en estar libre de herbicidas, cando menos, nos espazos públicos. Así o aprobou por unanimidade o pleno municipal que aposta polo uso de métodos mecánicos ou biolóxicos non contaminantes e sen dano para a saúde e o medio ambiente.
Todos os grupos do concello tamén acordaron a promoción de cursos formativos sobre agricultura ecolóxica e libre de químicos nas parroquias para favorecer a sustentabilidade e a saúde da cidadanía de Ponteareas, así como o mantemento da calidade da auga.
Contaminación de augas
No plento tamén se debatiu a preocupación dos veciños da parroquia de Ribadetea en relación coa posible contaminación das augas para consumo humano pola aplicación de herbicidas.
A este respecto, acordouse por unanimidade que se garantirá a saúde dos veciños solicitando á entidade que pretende realizar a aplicación de herbicidas en puntos de captación de augas veciñais métodos de control alternativos e non químicos.
A prohibición, realizada por iniciativa do Grupo Ecoloxista Adenco, foi trasladada a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais do concello ademais da outros organismos como a Deputación de Pontevedra, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Insfraestructuras e o Ministerio de Fomento por ostentar competencias na conservación de espazos onde se aplican tratamentos con herbicidas.
O grupo ecoloxista considerou estes acordos como “moi positivos” aínda que anunciou que esixirán o cumprimento das prohibicións e acordos animando aos veciños a denunciar calquera actuación de vaia en contra do pactado.
Tomado de Galicia Confidencial

Publicado o 22 Xan 2014 en Medio Ambiente, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies