Ponteareas presenta o plan de dinamización comercial

 

Ponteareas | O Concello de Ponteares ven de presentar o plan de dinamización para revitalizar o comercio e hostalería local, documento elaborado nos últimos meses pola consultoría Nortec, especializada neste tipo de estudios. O plan foi presentado polo alcalde, Xosé Represas, a nova concelleira de comercio, Inés Vidal, a primeira tenente de alcalde, María Jesús Garrote e o responsábel técnico da empresa, Pedro Almendros, no día de hoxe aos medios. Anteriormente, o mércores xa fora presentado aos representantes das asociacions de comerciantes, hosteleiros e da praza de abastos d coa presencia de Pedro Almendros, responsable técnico do plan
O estudio realizou unha análise da situación actual do conxunto de comercio e a hostalería do núcleo urbano, especialmente dos principais eixos comerciais co obxectivo de realizar un diagnóstico dos principais aspectos que inciden na súa competitividade.
O Plan, que contempla actuacións ata 2019, está estructurado en 6 liñas estratéxicas: Accesibilidade, movilidade e entorno físico do espazo urbano comercial, Colaboración Público-Privada e Cooperación empresarial, Potenciación do centro da cidade como Centro Comercial Aberto competitivo, Modernización e profesionalización con apoio a comercio, hostalería e servizos, Potenciar a integración de e a promoción de zonas como avenida Castelao e por último Promoción do Comercio e a Hostalería Local, e mellora da súa imaxe.
Estas liñas estratéxicas desenvolvense en ata 50 accións concretas, moitas delas responsabilidade directa do Concello como mellorar o espazo público ou o apoio técnico e económico, outras son de competencia do propio sector. Inés Vidal cualificou de ambicioso o Plan e manifestou que “os representantes das catro asociacións valoraron positivamente a iniciativa municipal e mostraron o seu interese en analizar o documento para por en marcha o mesmo a curto prazo”
Unha das medidas novidosas é a proposta de crear unha Federación ou plataforma do comercio e hostalería, “unha medida necesaria para unir a todo o comercio, tamén aos que non están en ningunha asociacion, e para lograr un maior impacto na promoción comercial de Ponteareas”, recalcou o Alcalde
O Plan contempla medidas sobre aparcamentos, sinalización urbana, acondicionamento dos principais eixos comerciais, accións de promoción de ventas e fidelización da clientela, etc. As asociacións teñen agora un tempo para analizar o documento antes de volver a manter unha reunión de traballo co goberno sobre as medidas máis inmediatas contempladas no Plan. Este documento tamén será presentado con todo detalle nunha reunión aberta a todo o sector.