• Segue conectado
  • |

Ponteareas elabora unha alfombra floral no día das Letras Galegas adicada a Carlos Casares.

alfombra homenaxe a Carlos Casares

Ponteareas | A Praza Maior foi o espazo escollido para elaborar unha alfombra floral con motivo da celebración do Día das Letras Galegas que este ano homenaxea ao escritor, editor e catedrático de instituto Carlos Casares.

A actividade estivo organizada polas Concellerías de Cultura e Ensino, que xestionan Hortensia Bautista e Cristina Fernández respectivamente, contando coa colaboración de membros da Asociación de Alfombristas, ANPAS e alumnado e profesorado dos Centros Educativos da vila. Tendo como finalidade dar a coñecer nunha pequena mostra, mediante obradoiros e a propia elaboración da alfombra, os distintos traballos que realizan os portais de alfombristas nesta época de cara á Festa Grande do Corpus Christi.

Os cativos/as coñeceron de primeira man como se prepara o material, se almacena, os pasos para confeccionar a alfombra e incluso puideron elaborar figuras dos maios nun obradoiro específico.

Publicado o 22 Mai 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies