• Segue conectado
  • |

Ponteareas convoca a segunda edición do certame de poesía Xogos Florais

As autoras e autores poderán entregar os seus poemas orixinais e inéditos até o 15 de maio en dúas categorías: mozas e mozos, de 12 a 18 anos, e adultos, maiores de 18 anos.

Ponteareas | A concellería de Cultura, que coordina Hortensia Bautista, abre a convocatoria celebración da segunda edición do certame de poesía, cuxos galardoados terán a oportunidade de ler os seus poemas nos Xogos Florais que terán lugar no Auditorio Municipal, tras o fallo do xurado.

Todas as persoas interesadas teñen de prazo até o vindeiro 15 de maio para entregar, ben na Biblioteca Municipal (rúa Perillana número 11), ben a través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es, os seus respectivos poemas. Só se recollerá un poema por cada participante, o cal deberá estar escrito en galego e ter unha extensión mínima 10 versos e unha máxima de 40.

A temática dos poemas é libre e o xurado encargado de valoralos estará presidido polo alcalde e integrado por outras tres persoas vinculadas á literatura galega, ademais dunha persoa traballadora da Biblioteca-Museo que actuará como secretaria con voz e sen voto. As súas deliberacións serán secretas e delas estenderase a acta correspondente. A súa decisión farase pública con antelación á celebración dos Xogos Florais. Os poemas premiados e aqueles que obtivesen o accésit se publicará un libro para a súa posterior difusión entre os centros de ensino e público en xeral.

O certame constará de dúas categorías: mozas e mozos dende os 12 ata os 18 anos; e adultos. O Concello fará entrega dun total de catro premios en cada categoría que consistirán na entrega dunha flor natural e unha medalla conmemorativa dos Xogos Florais.

Todos os participantes deberán entregar 5 copias dos seus respectivos traballos, mecanografados, e asinados cun pseudónimo, desbotándose do concurso aqueles nos que poida ser identificada a autoría. Os concursantes entregarán tamén un sobre pechado que leve no seu exterior o mesmo pseudónimo empregado no poema e maila categoría na que participa. No seu interior deberá figurar o nome e apelidos do autor ou autora, fotocopia do DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo. Para máis información, as bases pódense consultar na web.

Publicado o 24 Abr 2017 en Lingua, Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies