• Segue conectado
  • |

Ponteareas contará coa primeira listaxe de persoal substituto para moitas categorías

Por primeira vez o Concello poderá substituir as baixas sen procesos que ralenticen a oferta do servizo

persoal substituto

Ponteareas | Concello de Ponteareas contará por primeira vez cunha listaxe de profesores substitutos para moitas categorías que poderán cubrir de inmediato as baixas que se produzan no conservatorio de música.

Este feito permitirá o correcto funcionamento da docencia no conservatorio e garantirá que os alumnos non teñan que perder clases mentres agardan á convocatoria de postos e posterior selección.

“Ata día de hoxe, o Concello de Ponteareas non contaba cunha listaxe de profesores substitutos, un feito que perxudicaba moito o bo desenvolvemento das clases ou do resto dos servizos xa que cada vez que se producía unha baixa nos viamos obrigados a un proceso lento de convocatoria de persoal e posterior selección”, explica Cristina Fernández.

Nestes intres a Concellería de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior así como a de Persoal ten abertos diferentes procesos de contratación. Deste xeito na páxina web do Concello na pestaña “Oferta emprego público” os interesados poderán atopar os procesos abertos de contratación dun funcionario interventor interino, as bases para a substitucións de funcionarios, para auxiliar da Policía Local, para profesor de música, peón grumir, condutor-palista, oficial de primeira de cociña, socorrista ou axudante de cociña.

https://ponteareas.gal/oferta-emprego-publico/

Publicado o 5 Xul 2017 en Ponteareas, Traballo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies