• Segue conectado
  • |

Podémonos enfadar?

Clarísima tendencia de recuperación. Terremoto electoral. Polarización da política extrema. Quizais o discurso está gastado. Base sólida para as municipais. Iamos espidos. A deles é unha opción fracturada. Coñecen moi ben os arrabaldes. Non renuncian aos privilexios que teñen. En remontada mentres outros perden. Envellecemento progresivo. Emigración. Inestabilidade. Faltando nós, non haberá pluralidade. Acadan cotas grotescas. Nós forzamos a estabilidade como paradigma. Tocará reflexionar? Algún día a extrema dereita ha votar cos independentistas. Temos que votar para defendernos. Non escoitaron o que diciamos. Eses aburren ás ovellas. Romperemos teitos, no futuro. En tanto espazo, afogamos. Caeron en grave derrota. A dereita regresa ao centro. Somos un plus de resistencia, suaremos camiseta. Somos alternativa para as autonómicas. Eles esgrimiron medos, nós esperanza. O voto segue indo para que todo siga o mesmo. Hai que abrir as portas. Os do rural non saben achegarse. Necesitamos salvar as ideas. Non gobernaron para todos. Fracaso das confluencias. Son uns salva-patrias e recuperan pouco. Iranos mellor nas locais, seguro. As Mareas fan augas. Medramos, pero…. Gobernarán con xeometría variable. Os críticos fracasan. E iso que nós temos vontade de acordos. Que se poñan de acordo eles con nós. Debemos darlle carpetazo á dúbida e ao farol. Forte erosión. Somos tantos, non cabemos. Aínda andan coa anestesia de quirófano. Parecemos sepulcros floreados, expertos en escenarios móbiles como as orquestras de masas. As que todo son fume. Podemos adaptarnos ao peor. Alá van e levan o seu séquito! Comprenderán? A eses hai que bloquealos. De todas formas votou moita xente! Como para dicir que estamos equivocados! Que va! A xente ten memoria, e gárdallas. Explícome? Que se está a facer mal? Seremos felices ignorantes ou precisamos anovarnos. Está clara a boa racha na que andamos. Perdémonos compracidos, sen autocrítica. Gañamos o papel “cero” de representatividade. Iremos a poucos, en círculos concéntricos. Outros perderon máis. A nosa opción é facilmente gañadora. Sempre facemos revisión certeira. Son moitos os queimados. Gobernaremos con apoios, apoiaremos gobernos. Lixeiro avance acadando representación, mais os resultados non enchen os obxectivos. Haberá que seguir traballando. Foi un tsunami electoral. Haberá cambio de goberno. Estamos condenados a entendernos, ou senón estamos condenados. Un pacto de perdedores será quen goberne. Quedamos moderadamente satisfeitos. Isto é un cambio de ciclo. Quedamos a medio camiño. Somos a maioría de progreso. Están todos, e nós? Mira que mesmo vai un de Cantabria a Madrid! Alá non se vota igual que aquí. A nós, non nos escoitan. E nós, onde estamos? Non se contenta quen non quere. Listos para ser oposición. Toca defender as nosas ideas.

Estas foron palabras e titulares destes últimos días, de vencedores e derrotados. Durante as campañas todos foron maleducados e queimaron as ansias de concordia e convivencia. Deron moi mal exemplo. O peor: as outras dúas nacionalidades “constitucionais” do Estado afírmanse e nós, pelexando e rabuñados, divididos e dando prazos para que esnaquicen o que queda de País, Cultura, Lingua, industrias e con toda a paisaxe social deprimida do rural, despois dunhas eleccións fundamentais e decisivas. Catro anos máis relegados das cruciais decisións e debates do Estado e de Bruxelas. O colmo é velos contentos, sacando peito, dos resultados cando deberiamos estar no escándalo das derivas ás que nos trae este egoísmo e torpeza!

Neste soño marabilloso que aínda non foi quen de seducir ás novas xeracións, de encarar novas circunstancias desde novas linguaxes integradoras, afectivas e efectivas. Mágoa se non somos quen de reflexionar coa crítica certeira para, anque só sexa, poñer por diante a Matria e o Pobo, arredar siglas e intereses prendidos na perda do creto, na leria e no espectáculo que unha vez máis nos afundiron. Haberá algunha razón, creo eu!


Mestre e músico.
Publicado o 30 Mai 2019.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies